Transmitimos o que somos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 25 de junio de 2026
Transmitimos o que temos e, sobre todo, o que somos.
TODOS TRANSMITIMOS ALGO
Estamos programados para dar e para recibir.
Somos froito do amor.
Levamos nos nosos corazóns unhas riquezas enormes para dar bos froitos.
Todos estamos chamados a esparexer esas sementes que levamos dentro.
A veces parécenos que dámos moito e non vemos a recompensa.
Non importa: FACER BEN SEN MIRAR A QUEN, sempre ten recompensa.
Sempre hai razóns para amar sin pedir nada a cambio.
Cando damos moito é porque moito recibimos.
Máis tarde ou máis cedo: do que se dá, eso mesmo se recibe.
De feito, comprobámolo cando poñemos a nosa mirada en tantas bendicións que recibimos cada día a través das persoas como:
+OS PROXENITORES:
Uns bos proxenitore son un manancial inagotable de:
-Cariño a toneladas tódolos días.
-Comprensión sen límites.
-Xenerosidade en cantidades industriais.
-Perdón sen medida.
-Fórmulas moi sabias.
-Consellos que levan a bo porto.
-Amor incondicional.
+OS DOCENTES:
Son unha fonte de riqueza e sabedoría porque nos ofrecen:
-Paciencia, paciencia e máis paciencia...
-Cariño á hora de ensinarnos.
-A lingua oral e escrita como ferramenta de comunicación entre nós.
-Orde nos nosos traballos escolares que se refrexerá na nosa vida futura.
-Socialización para saber relacionarnos cos demais.
-Convivencia dentro e fóra da comunidade escolar.
-Hábitos de alimentación, orde, disciplina e limpeza
-Instrucción a tódolos niveis para coñecer o mundo que nos rodea.
-Coñecementos das diferentes materias que encenden luces de sabedoría nas nosas mentes.
Sobre o labor dos docentes, descasa o progreso dun país.
Son a base da pirámaide das restantes profesións.
+OS PROFESIONAIS DA SAÚDE:
-Que nos aconsellan para levar unha vida saudable.
-Que nos poñen vacinas para evitar moitas enfermedades.
-Que nos curan de tódolos males que están ó alcance da ciencia actual.
-Que nos permiten disfrutar de vida coa mellor calidade de saúde.
-Que nos atenden desde o momento da concepción.
Son os anxos da garda que velan polo nosos benestar físico e mental.
+OS BOS SACERDOTES
-Que velan pola nosa saúde espiritual que é de suma importancia.
-Que nos introducen no Corpo Místico de Cristo a través do sacramento de Bautismo, bautizándonos no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
-Que nos ensinan as verdade da fe da Igrexa fundada por Xesucristo.
-Que nos dan a Primeira Comunión que tanta ilusión nos fai.
-Que nos fortalecen na fe a través do sacramento da Confirmación.
-Que nos asisten á hora de fundar un matrimonio católico para darnos forzas para levalo a cabo na saúde e na enfermidade.
-Que nos ofrecen o Corpo de Cristo a través da Comunión para manternos unidos con Xesús e cos irmáns formando comunidade.
-Que nos acompañan espiritualmente na enfermidade para sobrelevar a dor e o sufrimento.
-Que nos asisten ó longa da vida para perdoar os nosos pecados e volvernos a amizade co mesmo Deus e cos irmáns.
-Que nos ofrecen os Últimos Sacramentos no momento de irnos á praza que o Señor nos ten reservada.
Son persoas que entregan a súas vidas para leva-las almas a Deus e favorecer a convivencia fraternal entre os humanos.
Gozar da asistencia espiritual dun bo sacerdote nos momentos difíciles da vida ten un valor incalculable.
TODOS TRANSMITIMOS O QUE RECIBIMOS
Se non se recibe, non se ten e se non se ten, non se pode dar.
"¿QUE RECIBIMOS?"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora