Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deixemos que Xesús cure e ordene os nosos medos

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 21 de junio de 2026
DOMINGO 12 (A).- Xer 20,10-13.- Sal 68 (69).- Rm 5,12-15.- Mt 10,26-33

+Polo Señor suspiro como por un forte loitador ( Xer10,11)

+Pola túa moita bondade respóndeme pois ti es o socorro verdadeiro (Sal 68(69),14b)

+Non hai comparanza entre o delito e o don...a graza de Deus e a benevolencia de Xesús Cristo rebordaron sobre todos ( Rm 5,15)

+ Temede a quen pode arruinar corpo e alma no inferno... A Deus non teñades medo: Ata os vosos cabelos están contados polo voso Pai (Mt 10,28.30)

DEIXEMOS QUE XESÚS CURE E ORDENE OS NOSOS MEDOS

1
Deixemos que Xesús que é sabio e bo
axude a pór por orde tantos medos,
enxergando de entre eles os que valen
a movernos na vida con acerto.

2
Os medos son alertas dos perigos,
das mancaduras que nos poñen tensos,
ou dos fracasos que nos desaniman,
ou dos apegos que foron crecendo.

3
Axuda poden ser, e tamén lastre...
¡Convennos discernilos moi atentos!
Recoñecelos ben conscientemente,
clarificando o seu aviso incerto.

4
Miremos ben se a alarma paga a pena,
por males que á larga son pequenos,
por dores que asumidas nos fan fortes,
curando os sustos con valor sereno.

5
Xesús valente e luz, dános aviso
que o mal máis esencial non ven do alleo,
nin da vida que alguén poida roubarnos,
nin menos do Deus santo do evanxeo.

6
A alerta principal a respectar,
dinos Xesús co seu sabio consello,
é a que salta dándonos alarma
ao violentar o íntimo misterio.

7
En nós está tentando o inimigo,
moi cheo de razóns e sentimentos,
que cómpre peneirar, por separarmos,
o ben do mal envolto en mil cerellos.

8
Que amar e respectar e ser valente,
sexa Pai bo o meu constante alento,
de ti o agardo Nai que sempre salvas,
de ti Cristo Xesús, meu Deus e Servo.

¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES