Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A calor da lareira (12)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 26 de junio de 2026
-.-

A calor da lareira (12)
Pois precisamente para os avós vai dedicado este libriño, á súa memoria, que o deixaron ben merecido!

-.-

Post data:

Os consellos (que tamén se daban nas lareiras), ou se dan a conciencia, ou traballamos para o diabro. A frase non é miña senón que a herdei de meu avó. ¡É culpa, ¿ou mérito?, del, por sabelo todo, todo de todo o que daquela se sabía!

Para os consellos non fai falta dispoñer dunha lareira, ¡aínda que eran axeitadas para iso!, pero si dunha experiencia e dun criterio maduros, perfeccionados; se non perfectos, si tendendo a iso, á perfección, séxase, coa mellor das vontades. En canto á experiencia, a labor de meu avó como curandeiro, albeitar, veterinario sen título, e por tanto visitador e coñecedor dun número considerable de familias e de situacións, dáballe pé, ocasión, para unhas análises comparativas cuantiosas, cuantiosas e atinadas. Polo que fai a criterio, isto só madura acumulando moral e prudencia, séxase, intelixencia sa e construtiva.

¡Canto ben, ou canto mal, pode facer un consello! De aí a responsabilidade do conselleiro. Mais para opinar tamén se precisa oír, oír ás partes, e mellor por separado; contrasta-los seus informes, os seus argumentos. Da escrupulosidade de meu avó daba fe aquela sentencia súa, tan esixente, pois dicía: “Do oído, nada crido; e do visto, a metade!”. ¿Era, ou era, esixente, incluso consigo mesmo? El refería que aprendeu moito dun veciño que sempre acudía a dous avogados: No despacho dun deles presentábase como denunciante, como inxuriado, como prexudicado; e no outro, como denunciado. ¡Estes galegos...!
-.-

A torre de control da actividade agropecuaria

As torres de control da nosa agricultura tamén eran as lareiras; abaixo, si; a ras da terra, si; pero desde elas outeábase o ceo, controlando, en consecuencia, tódolos movementos, tódalas saídas e tódalas entradas.

As premonicións do tempo tamén eran cousa dos avós, expertos en postas do sol, que lles indicaban, sen lugar a error, o prognóstico do día seguinte. Comentando os datos do día, despois de reza-lo rosario, iso si, e de muxi-las vacas, tamén, por suposto, cadaquén aportaba as súas iniciativas, pero a decisión era un atributo, ¡outro máis!, dos avós, que a tomaban desde a súa cadeira, ¡desde a súa torre!

Con respecto ás terras: Aínda se usaba o arado romano, aqueles de madeira, e iso por dúas razóns: porque, coa guerra, escaseou o ferro, e tamén porque en terra branda ou ben traballada e ben abonada os seus sucos eran liviáns e non soterraban demasiado a semente. Diciámoslle “romano” pero teño para min que xa o tiñan os nosos oestrimnios; o que seguramente fixeron os romanos foi adaptarlles unha rella de ferro.

Tivo unha parte negativa o de pau, e foi que, nas ladeiras, ¡todo Galicia é unha ladeira!, entre a gravidade e mailas chuvias, a terra boa, a lixeira, a movediza, foi descendendo, costa abaixo. Claro que non hai mal que por ben non veña pois así, século a século, fóronse enchendo e aplanando os nosos vales; ¡a continuación, prados; prados verdes, infinitos!

A propósito das aradas: Nunca vin que o mencionasen nos libros de psicoloxía, pero o certo é que non había mellor síntoma, trazo ou característica definitoria do carácter e A calor da lareira (12) da valía dun home que a observancia da súa arada, das súas labranzas: Regos tortos e desiguais, home trapalleiro, tamén, en todo o demais!
-.-

Dedicado tamén, e tamén post mortem, á miña prima
Mercedes Josefina Carrodeguas Gómez, que moito
lle gustaba quentar as mans na nosa lareira de Bergland.

-.-

As lareiras dos nosos irmáns e veciños. A lareira en Portugal.
Debémoslle esta análise a Yuri Correa:

Por que o ar-condicionado fica no alto e a lareira embaixo?
Muito utilizados para climatizar o ambiente, o aparelho de ar condicionado e a lareira servem como meios para adequar a temperatura de acordo com a necessidade dos usuários. Em dias de calor intenso, o ar-condicionado é uma grande alternativa para refrigerar o ar, deixando-o mais agradável e melhorando o bem estar das pessoas que o frequentam.
Por outro lado, as lareiras tornam-se uma ótima solução para aquecer a casa durante as baixas temperaturas registradas no ápice do inverno. As chamas provocam calor e deixam o ambiente mais aconchegante. Claro que existem os equipamentos de ciclo reverso, que também fazem o aquecimento, mas tem outro charme numa lareira, não é mesmo!
Porém, apesar de possuírem funções semelhantes (climatizar o ambiente), você sabe por que o aparelho de ar é instalado no alto e a lareira localiza-se embaixo?

As diferenças do aquecimento da lareira e do ar-condicionado
Quando falamos de esfriar ou esquentar, é que encontramos a diferença: se dá pelo fato de o ar-condicionado refrigerar e a lareira aquecer que o posicionamento de cada um pode ser explicado. O funcionamento do aparelho de ar condicionado se baseia na retirada de ar quente do ambiente e devolução de ar frio para o mesmo.
Isso ocorre baseado na forma de transferência de calor, denominada de convecção. Esse é um processo de troca de calor que acontece a través das correntes de convecção. É devido a essas correntes que o ar do meio, onde está localizado o condicionador de ar, fica bem agradável.

Por que o ar-condicionado fica em cima?
É o mesmo caso do congelador, que fica localizado na parte superior da geladeira. A resposta para essa pergunta é simples. Como dito anteriormente, o ar-condicionado refrigera o ar através das correntes de convecção que ocorrem quando ele é ligado. Essas correntes acontecem em razão das diferenças de densidade do ar frio e do ar quente.

O ar quente sendo menos denso sobe, em contrapartida, o ar frio (mais denso) desce, formando as correntes de convecção. Por esse motivo é que o ar condicionado é colocado na parte superior do ambiente e o mesmo acontece na geladeira, garantindo assim a refrigeração dos alimentos que se encontra em seu interior.

E se o ar-condicionado estiver ligado no quente?
Ainda vale a regra, pois o posicionamento do aparelho tem que favorecer ambas as suas funções. E ainda que o ar quente suba, uma hora, sua densidade será tanta no cômodo, que ela serrá empurrada para baixo, além, é claro, dos direcionadores da evaporadora, que ajudam nisso.

E como funciona isso na lareira?
Já com a lareira acontece justamente o processo inverso, pois o ar quente produzido sobe exalando calor naturalmente. É por esse motivo que ela deve ser colocada em posição inferior, já que a sensação térmica pode ser sentida pelo fato de a corrente de calor ser direcionada para o alto.
Dessa maneira, o fato de o ar-condicionado ficar em cima e a lareira estar sempre embaixo pode ser justificado pela direção da corrente de ar produzida por ambos.
O ar frio é mais pesado que o ar quente: As moléculas de ar frio ficam mais próximas umas das outras, concentrando o peso em um determinado ponto, tornando o ar.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES