Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amores que matan

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 13 de agosto de 2026
Hai rapaces, que non aceptan a vida de luxo e opulencia da súa familia. Nin queren estudar nin formarse para poñercerse fronte ás empresas familiares e foxen da casa, prefiren alimentarse de vermes e insectos e durmir baixo unha ponte, antes de baixar a cabeza ante duro xugo de seus pais.
Amores que matan Xoán era fillo dunha familia de alto nivel, nado en Ein Kerem (Xerusalén), baixo o reino de Herodes.
Súa nai. Era Isabel, ou sexa Santa Isabel curmá carnal de María, ou sexa, da Virxe María todos eles xentes de gran poder adquisitivo, por ser descendentes dos reis máis importantes de Israel, David e o seu fillo Salomón, este foi o rei máis rico de tódolos tempos pois era o amante da raíña de Saba, propietaria das minas de ouro máis ricas de África e por parte de pai, era fillo nin máis nin menos que de Zacarías o sumo sacerdote de Xesrusalén, ese que fixo crer, que o fillo de María era fillo de Deus, tan só era para evitar a lapidación de María castigo do pobo xudeu, que lle daba ás chamadas mulleres adúlteras cando se embarazaban sendo solteiras ou fóra do matrimonio e non só conlevaba a lapidación, se non tamén o deshonra da familia.
Xoán tamén se separa da da súa familia e marcha da casa alimentándose de vermes e insectos e vestido con peles de ovella. Dedícase a bautizar ás xentes no río Xordán e a predicar a chegada dun novo mesías para redimir ao pobo de Palestina, pero a pesar da súa vida de ermitán, Xoán ten unha admiradora, Salomé, filla de Heroditas, esta amante de Herodes rei de Xudea por decisión de deputados romanos, pero os xudeus non o aceptaban por vivir en adulterio sendo casado e amante de Heroditas, delito moi castigado pola relixión xudea.
Como Xoán predica a chegada dun novo mesías ou liberador. Herodes manda prendelo e encarceralo.
Un día Herodes organiza unha gran festa no seu pazo convidando á elite romana de Xudea, entre outros invitados Salomé, filla da súa amante.
O xantar acaba en bacabal, moi clásico no mundo romano, onde a comida e o alcohol corría desenfreadamente.
Nun momento dado, Herodes pídelle a Salomé, da que el está terriblemente fascinado que baile para el e os convidados. Salomé non acepta a petición de Herodes e faise de rogar. Herores pretende comprar á rapaza e dille que a cambio lle dará o que lle queira pedir. Salomé incrédula pídelle que tal promesa lla xure diante de tódolos convidados. Herodes asì o fai e llo xura.
Samomé baila, dise, que puido ser a Danza dos sete Velos, deixando fascinados aos presentes e sobre todo a Herodes que lle caía a baba en ver á rapaza.
Rematada a danza, chega a hora de Herodes, que se horroriza por completo cando Salomé lle pide como recompensa a cabeza de Xoán, pois Herodes sabe que os xudeus o odian e así aumentará o seu odio por ser Xoán fillo de Zacarías o Sumo Sacerdote, pero neste caso ten que cumprir coa súa promesa xurada ante a elite romana de Xudea. Herodes trata de convencer a salomé dicíndolle que ten xoias e outras grandes riquezas que súa nai, a súa amante non coñece, pero Salomé nas súas trece, quer a cabeza de Xoán, porque se non é para ela, tampouco será para outra, e así é como o verdugo lle presenta a ccabeza se Xoán a Salomé en bandexa de prata, Salomé non conforme colle alfinetes e crávallos nos ollos e en distintas partes da cabeza do Bautista.
O seu corpo despois de decapitado foi enterrado en Sebastia (actual Cisjordania).
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES