Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Farmacias

miércoles, 09 de diciembre de 2009
“Quen ten unha farmacia ten un tesouro”, podía ser un aserto ben firme antes de que a crise comenzara, pero aínda agora segue a ser verdade na inmensa maioría dos casos, que o consumo nun establecemento que expende ó público as medicinas que os médicos recetan non ten altibaixos nin coñece escaseces.

Como o tema farmacéutico se rexe por un sistema arcaico e exclusivista, non podendo haber máis dun establecemento nun determinado ámbito de poboación, a súa posesión ou consecución pode facerse por adquisición dunha en funcionamento ou obtendo a correspondente licencia cando se convocan en concurso.

O bipartito na Xunta convocou e resolveu un concurso para adxudicar 87 farmacias, que na actualidade algunhas estarán xa funcionando, outras en proceso de instalación, e outras en trámite, cando o tribunal Superior de Xustiza de Galicia deixa en suspenso a adxudicación destas oficinas expendedoras de medicamentos porque o baremo de selección establecido na convocatoria é contrario a dereito e infrinxe o principio constitucional de igualdade.

O problema que se plantea é importante, xa que moitas expectativas empresariais e profesionais quedan tamén en suspenso, as adxudicacións poden variar, e os danos colaterais poden ser importantes. Mágoa que todo esto se produza cando o proceso hai varios meses que rematou, e non no momento en que se efectuou a convocatoria, ou antes da adxudicación correspondente.

As administracións teñen que fiar moi fino nestas cuestións, e a existencia de gabinetes xurídicos, asesores ou supervisores legais que deben controlar todas as decisións administrativas de importancia debe facerse notar para evitar problemas tan graves como este.

Eso, ademais da pretendida europeización do tema, de xeito que as farmacias deixen de ser concesións exclusivas como as gasolineiras, e a venda de medicamentos -co necesario control dun especialista farmacéutico- sexa libre como aboga o sentido común e o libre mercado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania