Un final máis que feliz
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 09 de julio de 2026
Esta historia que vou a relatar é totalmente certa e, á súa vez, unha historia de amor con un final marabilloso. Para elo, vou a cambiar os nomes dos protagonistas.
O relato veume da propia protagonista, á que lle vou chamar Esmeralda, porque a parte de ser unha rapaza moi guapa, é unha excelente persoa. Coñecina fai uns anos traballando de camareira nunha cafetería de Foz.
Esmeralda casou cun home de orixe portugués. Con él chegou a ter dous fillos, unha nena e un neno, pero o seu marido era un puro veleno e un machista empedernido. Cada vez que chegaba á casa do traballo, para Esmeralda era unha tortura, pois non era só a rifa diaria senon tamén, paus e agresións a tódalas horas.
Pero un día, Esmeralda máis ben pensando nos fillos, tivo unha boa ocorrencia, colleu aos nenos e liscou da casa sen mirar a onde ir nin onde se podería refuxiar. Agora eran tres, ela e os seus fillos. Os fillos eran pequenos e ían á escola e nese intervalo de tempo Esmeralda buscou traballo, xa que de algo tiñan que vivir.
Ocorréuselle pedir traballo no primeiro lugar que encontrase diante dos seus ollos, e así é como Esmeralda pide traballo nunha canteira de lousa. Si, era unha canteira de lousa, traballo de homes, rexos e fortes, pero ela nalgo tiña que traballar para darlle de comer aos seus dous fillos.
Efectivamente, danlle traballo na canteira no medio de varios homes. Homes dos que ao principio tiña dúbida, porque para escarmento xa tivo dabondo co seu marido.
Contábame Esmeralda, que pouco á pouco se foi integrando con aqueles homes. Que no medio deles, de complexión forte e ruda, ela non só se sentía feliz, senon tamén, protexida e segura. Contábame, que cando aqueles homes a vían cun peso superior ao dos seus límites, sacábanllo das mans e levábanllo eles fose a onde fose. Era moi feliz e sentíase totalmente libre á vez.
Abandonou aquel traballo ao remate do contrato e encontrou outro traballo nunha cafetería de Foz, pero aquí ben a bonita segunda parte desta historia. Esmeralda coñece a un rapaz, casualmente catalán, que traballa por estes lares.
A partir de aí, a vida de Esmeralda da un xiro de 360º. Métese nunha historia inimaxinable, desas historias que só se poden ler nos contos de Xacob Grimm e seu irmán Wilhelm Grimm.
O catalán, ao que lle imos chamar Pedro, vive e desvívese por Esmeralda ata o punto, que como é cociñeiro aínda que non traballa como tal, sempre se encarga de facer a comida, para os catro, para Esmeralda para Pedro e os dous fillos dela.
Esmeralda ten que deixar de traballar na cafetería, pois Pedro non quer que traballe, co seu salario chega para vivir ben os catro. Pedro chega á casa e axuda a facer a limpeza, fai a comida e ten a Esmeralda como unha raíña.
Un día, chegaron a un restaurante de Foz, Pedro e Esmeralda para tomar un viño, pero había algo que ía acontecer e Esmeralda nin se imaxinaba. Ao pouco de estar tomando o seu viño, chega outra parella amigos deles. Saúdanse e póñense as dúas parellas a dialogar e á vez compartindo uns viños. Pouco tardou en chegar outra parella coñecida tamén e únense á festa cos outros catro.
De súpeto, alguén ten unha ocorrencia, aproveitar a ocasión para cear os seis xuntos no restaurante. Piden mesa e entran ao comedor.
A cea é exquisita, pero ao remate da cea e despois da sobremesa, Pedro pide que se lles sirva cava. O cava servido e as copas cheas, Pedro levántase da cadeira e alzando a copa propón un brinde, pero o brinde portaba unha mensaxe que Esmeralda nin pensaba nin se imaxinaba, o brinde rematou dicindo "Esmeralda, ante estes amigos, quéroche pedir que te cases comigo". Esmeralda rebentou a chorar abrazada a Pedro ante os aplausos dos presentes.
Que conste que deste final fun testemuña sen pensalo, cadroume de estar alí.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)