Unha historia para meditar
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 20 de agosto de 2026
Fai bastantes anos, un grupo de rapaces de Foz, quixeron formar un grupo musical. Para tal razón, decidiron xuntarse para saber como ían facer para mercar unha amplificación e uns instrumentos electrónicos.
Estes rapaces, xa tocaban nalgunhas discotecas con instrumentos prestados cobrando por cada actuación 60.000 pesetas. Casualmente, como o importe a cobrar non era moito, tiñan actuacións os fin de semana: venres, sábados e domingos, sempre ocupados e iso foi o que os animou e mercar material propio.
Reunidos nun local, falaron de ir a un banco de Foz a ver que tiñan que facer para pedir un crédito e mercar o que necesitaban. Unha vez no banco, o director preguntoulles que cartos necesitaban e quen deles tiña algunha propiedade como aval, ou quen os podería avalar.
Os resultados foron os seguintes: O banco concedeulles os cartos solicitados e o aval, sería a familia de un dos compoñentes que poñía como aval a propia casa da familia.
Os rapaces mercaron todo o material necesario e a encargada de levar os cartos tódolos luns ao banco, era a muller de un deles, único casado.
Como as actuacións eran os fins de semana, os rapaces dábanlle os cartos á muller do compañeiro para que os fose levar ao banco e ir amortizando o crédito pedido. A contía que tiñan que depositar tódolos luns era de 180.000 pesetas. Cada mes tiñan que depositar un total de 720.000 pesetas.
Os rapaces estaban moi animados, pois os contratos eran seguros por ser de baixo custe e unha vez saldada a conta co banco e ter instrumentos propios, poderían subir o importe das actuacións e incluso prolongalas a outras actividades como por exemplo, festas patronais.
Pero un día, a un deles, o que os avalaba no banco, chegoulle unha carta da entidade bancaria na que lle comunicaban o embargo da casa por non corresponder semanalmente co pago bancario. A alarma na casa do compoñente que avalou, xa a podedes imaxinar.
Móvense rapidamente, tanto o rapaz como a familia, e póñense en contacto co marido da tesoureira pedíndolles explicacións e descobren aterrorizados todos, de que a muller nunca foi ao banco a depositar os cartos e que con eses cartos se estaba dando unha vida de millonaria e a todo isto, sen que o seu propio marido o soubese.
Ou sexa, que estaban debéndolle ao banco a contía de 2.160.000 pesetas, ou sexa, 12.981,86 euros.
A cuestión foi, de que o rapaz que avalou tiña de man unha boa amizade que lle prestou os cartos para amortizar a débeda, o marido divorciouse da muller, o grupo desfíxose e aínda hoxe non se falan. A muller morreu de sobredose.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora