Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 23 de junio de 2026
Que ninguén me moleste

Estou perdendo facultades. Levo moito tempo sen escribir de fútbol. Estamos co Mundial. Un Mundial que se celebra en México, Canadá e Estados Unidos. Non sei se o acordarei, pero, tan axiña como a Dennis Tito lle dea por levar xente a outros planetas, seguro que acabaremos vendo un Mundial con sedes en Marte, Xúpiter e o lado oculto da Lúa. E a ver quen é o guapo que vai ver estes últimos se están ocultos. Hai xa moito tempo que estes acontecementos deixaron de ser simplemente deportivos.
Pingas de Orballo Porén, eu sigo á antiga: pensando que o fútbol non deixa de ser un deporte e, ademais, un deporte marabilloso, por moitos "intelectuais" que se empeñen en defenestralo. Aínda que esta edición ten máis críticos e detractores ca nunca. Claro, non vai ningún xogador do Real Madrid, e iso, para moitos españois, semella pouco menos ca un insulto. Seguro que non son poucos os que xa desexan que España quede eliminada ás primeiras de cambio.
Non se decatan de que, este ano, entra dentro da lóxica. Si, é certo que Huijsen empezou con forza, pero mesmo os seus propios seareiros notaron o baixón. E, polo demais, o Madrid apenas ten xogadores españois. Nin parece que os vai ter a curto prazo. Leva camiño de non contar nin con suplentes patrios. Ao final quedará o pobre Chendo como delegado e punto pelota. Ai se don Santiago Bernabeu levantase a cabeza e vise o seu Madrid así...
Pero desvieime do esencial: un servidor ten intención de ver todos os partidos que poida. A pena é que a primeira canle da TVE non os emita todos. Total, só será un mes sen facerlle caso a ninguén.
Indirecta: que ninguén me moleste.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES