Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A calor da lareira (8)

Gómez Vilabella, Xosé M. - lunes, 22 de junio de 2026
Il será certo, pero nós tamén o facíamos, maiormente nas grandes solemnidades, na festa do patrón, na onomástica dos patrucios, etc.
Ademais dos termos propios do Rosario tamén era obrigatorio rezar uns pater noster polos defuntos, fosen da casa, da familia e/ou dos veciños. Tampouco podía faltar o responso do San Antón, que, con Santiago, sempre patrocinaron a nosa Galicia.
En castelán, que así nolo aprenderon:
A calor da lareira (8) Oración inicial: "Postrado a vuestros pies, oh amantísimo protector mío San Antonio, os ofrezco el piadoso ejercicio que voy a practicar para que me alcancéis del Señor el perdón de mis pecados, las virtudes propias de mi estado, la perseverancia final y la gracia especial que solicito con esta devoción. Más si ésta no me conviniese, obtenedme una perfecta conformidad en el divino beneplácito. Amén.
Responsorio: Si buscas milagros, mira: Muerte y error desterrados, miseria y demonio huidos, leprosos y enfermos sanos. El mar sosiega su ira, redímense encarcelados, miembros y bienes pedidos recobran mozos y ancianos. El peligro se retira, los pobres van remediados, cuéntenlo los socorridos, díganlo los paduanos. Gloria al Padre, Gloria al Hijo, Gloria al Espíritu Santo. Ruega a Cristo por nosotros, San Antonio glorioso y Santo, para que dignos así de sus promesas seamos. Amén.
-.-


A lareira tamén era un emisor / receptor, pero coa torre de control a ras da terra.
Segundo, cando, e para que: as reunións cotiáns, veciñais, as ordinarias, eran, celebrábanse, na Casa Grande, aproveitando as largacías invernais; as extraordinarias facíanse, xeralmente, á saída da Misa maior; e as íntimas, as confidenciais, na casa de cada quen.

As da Casa Grande, tamén chamadas "ruadas": Non só para falar, senón, e tamén, para aproveitar a grandeza da súa lareira, con estelas de carballo, gordas e secas; levábase a roca, o fuso, as agullas de calcetar..., e maila baralla, por suposto!

Coa excepción da reparación dos camiños, que eran veciñais, e por iso as convocaba o máis dilixente de cada lugar, as outras reunións, as colectivas, eran parroquiais, e por iso se celebraban no adro. O pedáneo de Montecubeiro, Dositeo da Cernada, mentres non emigrou, sempre lles deu solemnidade, xa que despois do seu "Dixen", seguía dicindo, seguía cantando Cara ao Sol, por moito que chovese! En Pol, aquel Don Domnino da Olga, prefería rubricalas co seu, habitual, "En que xa dixen..., fágase".
No meu Bergland era proverbial meu padriño, pois coa súa memoria prodixiosa recordaba tódolos detalles das novas que lle daban as visitas, pero cribándoas, pois non deixaba de aconsellarnos aos inocentes: "De lo oído nada creído; y de lo visto, la mitad!".
A calor da lareira (8)
A todo isto veu a guerra, a Incivil, co que as cociñas se quedaron mudas, que nin as lapas ruxían..., por se alguén se ía da lingua, de portas a fóra!

-.-

Metendo a auga nas cociñas selouse, acabouse, o mundo das sellas.

Fose do pozo, ou repartindo a auga da fonte entre a veciñanza. ¡Iso, esa ocasión, perdérona as mozas, pois coa sella tiñan un pretexto para citarse na fonte, tal que facían as da Meda, na súa Fonte dos Namoros!

Non era unha lareira pero funcionou de emisora, que por algo lle chamaban "A Fonte dos Namoros". Cando chegaba un pretendente á Meda, se non estaba na fonte a pretendida daquela as súas veciñas, e sen embargo amigas, pasábanlle o recado, para que acudise á cita.

Agora esta fonte está triste, en desuso, de loito!

Sen sellas o vertedoiro tamén quedou orfo. ¡A Civilización, que ten moito, ou polo menos algo, de Retrocesión!

-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES