Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A calor da lareira (6)

Gómez Vilabella, Xosé M. - jueves, 18 de junio de 2026
A carón da lareira / fóra da casa.

O que pasou por fóra, no exterior, derivado ou non das lareiras, sóubose, falouse, escribiuse, pero das súas intimidades está todo inédito, ou case. Demasiada sacralidade como para propalarse, daquela, pero..., hoxe?

A calor da lareira (6) Pois nese secreto, nese hermetismo, coceuse, ademais do pote, a nosa personalidade, moral incluída.

En Lucas, 19, 39-40: "Algúns fariseos que estaban entre a xente, dixéronlle: -Mestre, reprende a eses teus discípulos. Pero el respondeulles: Asegúrovos que se estes calan, falarán as pedras". ¡Non calaron, non, pois cos Evanxeos os evanxelistas ensináronnos a escaleira do Ceo!

Tampouco calaban os avós, na súa cadeira de tras da lareira, que así foron a nosa primeira escola, a básica, o introito da nosa cultura. E cos avós, as nais, maiormente cando deixaron de ser analfabetas, que iso queda cerca, que xa estabamos no XX.
-.-

A lareira oficiou de escola

Con aquelas brasas tamén quentaban as mans, cansas de traballar, ¡de orar et laborar, como dicían e como facían os beneditinos.

A calor da lareira (6) Pero, xeneralizando, agora que as lareiras xa son Historia, coido que non é pecado falar delas..., xa que elas non falan!

¿Onde aprenderon o que sabían, o que chegaron a saber, o que foron comunicando, de xeración en xeración, os nosos entregos? ¡Pois nesa aula quentiña, acolledora, xenerosa, que eran, que foron ata fai ben pouco, as nosas lareiras!
-.-


O trigo: cava-la touza, ou mercárllelo aos casteláns. Así veu a aceptación que tivo para os nosos "Mestres de a ferrado"

Os grandes, vulgo caciques, co seu poderío pagaron mestres que ensinaban por fóra, profesionalmente, de xeración en xeración. ¡E para iso pagando mal, abusando dos mestres!

Así se tiñan por "nobres", cando a nobreza limpa, a que gañaba o pan coa suor da súa fronte, ¡da súa!, eran os desapercibidos, os traballadores, os pagáns, os paganos, os que pagaban foros e gavelas.

Cando chegou a hora das cociñas económicas, tamén chamadas "bilbaínas", ¡cómodas para estudiar!, os netos estudaron fóra delas, fóra da casa patrucial, ¡fixéronse visibles!, aprenderon a escribir e a falar en público, así que contaron as súas proezas, dándolle importancia ao país, pero esquecéndose da súa nutrición, da nai que os pariu e dos avós que lles ensinaron a persignarse, a presentarse; en definitiva, a pensar.

Sen os lares, sen o lar da cociña, sen o seu fogo, sen aquela calor, tanto física como moral, os galegos, e outros pobos tamén, seguiríamos..., nas covas da Valiña!

¿Agradecémolo? ¡Intimamente coido que si, pero escondemos a nosa procedencia rural, agrícola, e iso que comemos daquel pan, daquelas decrúas que se idearon nas cociñas dos avós!

-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES