Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 15 de junio de 2026
A Caravana da Gratitude

Seguro que ningún veciño de Baños de Molgas sabería quen era Ramón González, un señor cun enorme Pingas de Orballo bigote cuxas puntas se erguían cara arriba e que, no mes de xullo de 1921, estaba a tomar as augas na vila molguesa. Mais o que si lles chamaría a atención sería a comitiva de automóbiles (en 1921!) que entraba pola rúa do Progreso -ou pola carreira, como se dicía daquela; ninguén lle chamaría aínda estrada- e que se detiña, entre gran rebumbio e algarada, diante das portas do balneario. Que estaba a acontecer?
O que acontecía era que unha nutrida representación dos habitantes do Porriño chegaba a Baños de Molgas coa intención de agradecerlle a Ramón González o financiamento da construción da casa consistorial desa localidade pontevedresa, proxectada nada máis e nada menos que por Antonio Palacios. O edificio sería inaugurado precisamente tres anos despois, o 15 de xuño de 1924, data da que se cumpren hoxe 102 anos.
Ramón González Fernández non era político nin aristócrata. Tampouco pertencía a ningunha das grandes familias nobiliarias que daquela exercían influencia sobre a vida pública galega. Pingas de Orballo Era, pola contra, un emigrante feito a si mesmo, un daqueles galegos que cruzaron o Atlántico na procura dun futuro mellor e que atoparon na Arxentina as oportunidades que a súa terra natal lles negara.
Nado en Ribadeo en 1856, marchou sendo moi novo cara a Rosario. Alí desenvolveu unha intensa actividade empresarial vinculada ao comercio e ás finanzas, acadando unha fortuna considerable grazas á súa capacidade de traballo e ao seu espírito emprendedor. Mais a distancia nunca conseguiu romper os vencellos emocionais coa súa vila de orixe, polo que regresou a Galicia xa iniciado o século XX.
Nunha visita ao Porriño para encontrarse cun amigo arxentino, coñeceu á que sería a súa futura esposa. Tanto en Ribadeo como no Porriño, o matrimonio desenvolveu unha destacada labor benéfica, social e cultural. En Ribadeo financiaron a construción do Teatro, contribuíron ás festas patronais de 1925 e doaron 150.000 pesetas para a adquisición dos terreos e a construción da Praza de Abastos. No Porriño financiaron o templo parroquial, achegaron 40.000 pesetas para garantir o abastecemento de fariña á poboación, axudaron a viúvas e orfos do mar, sufragaron a construción do campo de fútbol e tamén a da citada casa consistorial, un edificio chamado a converterse nun dos símbolos arquitectónicos de Galicia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES