Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os perigos do virtual

viernes, 04 de diciembre de 2009
Somos firmísimos defensores da utilización das novas tecnoloxías en todas as facetas da vida moderna, destacando a utilización da Rede para facilitar as nosas tarefas cotiáns, sexa o estudio, o lecer ou o traballo. E predicamos co exemplo, xa que Galicia Digital leva nove anos na rede galega creando esta fiestra na que estamos e coa que pretendemos que Galicia se asome ó mundo, e o mundo enteiro poida entrar en Galicia.

Pero nunca debemos esquecer que este é o mundo virtual, que reflicte o real pero nin pode nin debe substituilo. E aí, nas substitucións, é onde empeza o perigo do virtual, que pode aillarnos do noso contorno natural, das xentes que nos rodean, do mundo real.

Yoigo ven de facer un estudio en relación con Internet, no que os resultados evidencian cuestións boas e agradables e outras que non o son tanto. Dunha banda, están os benéficos resultados de utilización da Rede nas actividades cotiza. Doutra, a adicción que a Rede nos produce, que non é mala en si, pero da que resulta que o 77% dos usuarios entende que non podería vivir nun mundo sen Internet, despois de tela coñecido e utilizado.

Pero sobre todo está o dato de que o 49% dos internautas dedica máis tempo a navegar por Internet que á súa parella e que seis de cada dez usuarios se conectan a Internet antes de tomar o seu primeiro café do día.

Velaquí o problema: deixar o real polo virtual; acudir á Rede como contorno vital esquecendo o que temos arredor; suplindo coa Rede calquera carencia afectiva ou social. Máis aínda: eliminando a vida real para substituíla pola virtual.

Como todo na vida require unha normalidade, suxeitar a habitualidade á convivencia, Internet estarase convertindo nunha das drogodependencias que poden suxeitarnos, estimularnos, embargarnos e dominar a nosa existencia.

Antes eran as drogas, logo o alcohol, despois o xogo, e agora Internet. Todo o que signifique evasión do real, é perigoso. Que non é malo en si (e falamos só de Internet), clarísimo está, pero na dosificación está a normalidade. Non podemos abusar de ningún elemento dos que nos fan a vida máis doada, neste caso Internet. E temos que aprender -posiblemente aínda estamos nun estadio infantil da súa utilización- a darlle a cada mundo a súa importancia, e utilizar o mundo virtual para todo o que mellore a nosa vida, pero sen esquecer nunca que a nosa vida corresponde exclusivamente ó mundo real.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania