Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O silencio das asociacións

miércoles, 03 de diciembre de 2003
A piques de rematar as celebracións do Ano Europeo das persoas con discapacidade, apróbase a Lei de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal. ¿Non será demasiado título? Pasa polo Congreso en pleno mes de agosto, despois o trámite do Senado recollendo algunha que outra emenda enmarcada nas directrices europeas e ¡xa temos nova lei!. Nace cargada de termos ambiguos e sen un réxime sancionador polo que semella unha simple declaración de intencións. Vén a dicir que nos próximos anos as persoas con discapacidade serán cidadáns de pleno dereito, ¿por que esperar ós próximos anos? Sabemos que un dos primeiros pasos será empregar dous deles en facer estudios das condicións básicas de accesibilidade como se partiramos de cero. Non se entende que despois da Lismi, aprobada no 82, se fale agora de prazos de 15-17 anos. ¿A quen lle sobran 17 anos da súa vida? Pero aínda sería o de menos se non se seguise incumprindo a lexislación. A modo de exemplo: o Hotel Balneario Río Pambre. Por parte da Administración todo isto era de esperar. Custa máis asimilar o silencio e o conformismo das Asociacións. Chama a atención que non se escoitasen voces críticas. Mesmo parece que as denuncias se fan en minúscula para non enfadar ós que controlan as subvencións.

Como cofundadora do movemento asociativo en Lugo, Galicia e España sempre defendín a súa importancia como o medio máis influínte no cambio da sociedade. Sen embargo, entendo que na actualidade non está a desempeñar o papel que lle corresponde. As Asociacións, que tiveron o seu momento e utilidade, agora caen na trampa de seguir negociando uns dereitos universais e, como consecuencia, non negociables. Tentan aparecer ante a sociedade arrogándose a representación dun colectivo e dando prioridade case absoluta á función prestadora de servicios para a que necesitan enormes cantidades de recursos, comercializando así a solidariedade. Servicios de cuestionable integración a veces e que, sobre todo, son competencia dos poderes públicos. Está claro que o sistema de financiamento obriga a esta actitude de servilismo. Tampouco podemos esquecer que hai Asociacións máis preocupadas por conseguir o local que por definir a súa filosofía, reproducindo así esquemas de poder xa coñecidos e converténdose en grupos financeiros. Incluso se poden utilizar as organizacións para fomentar intereses individuais.

Considero que falta reflexión, debate, ideas e estratexias. Por iso, cómpre unha nova chamada á responsabilidade do movemento asociativo para que retome a súa función reivindicativa. ¿Podemos permanecer indiferentes ante unha Lei que autoriza a discriminación 17 anos máis? Abondan editoriais e declaracións triunfalistas. Dicía unha senadora do PP o día da súa aprobación que o importante é mellorar a vida destas persoas aínda que sexa moi lentamente. Está claro que ó referirse a “estas persoas” non se inclúe e pregúntome ¿como pode saber se estará en condicións físicas para chegar a ignorar a accesibilidade do seu entorno? Sen comentarios. Señoría, non queremos caridade. Queremos os nosos dereitos en condicións de igualdade, pero ¡xa!.

Colectivo AdianteXá
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES