Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 18 de junio de 2026
Na procura de Fernández Mazas

Boa parte do día preocupado porque tiña medo de non chegar a tempo á cita e, ao final, presenteime cunha hora de antelación. Así son ás veces de impaciente. Menos mal que aproveitei ese tempo para botarlle unha ollada máis ó barrio xudeu de Ribadavia, Pingas de Orballo por se aínda non o coñecía o suficiente, e, como non podía ser doutro xeito, para tomar un café. O café que non me falte nunca, nin en ningún momento nin en ningún lugar.
A cita era no Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde se ía celebrar unha charla, conferencia ou parladoiro arredor de Cándido Fernández Mazas, o pintor, escritor e ilustrador ourensán que José Manuel Bouzas leva anos reivindicando con entusiasmo e constancia.
As dúas horas que durou o acto fixéronse especialmente amenas grazas á sabedoría e á capacidade divulgativa do meu veciño molgués, Pepe Bouzas. Diapositiva tras diapositiva, foi debullando a vida e boa parte da obra deste xenio da ilustración. Aquí permitídeme unha pequena paréntese: algúns rompemos a cabeza intentando describir algo -e case sempre de maneira imperfecta- en trinta, cincuenta ou cen liñas; chega logo un destes artistas e, con apenas tres simples trazos, consegue resumir toda unha realidade. Non é estraño, por tanto, que cada vez admire máis aos ilustradores, caricaturistas e creadores de viñetas.
Remato. O conferenciante foi mesturando debuxos de Mazas con aquelas amizades que conseguiu ó longo da súa vida, das que máis de unha me chamou a atención. Unha vida, por certo, bastante curta. Morreu á idade de 39 anos en Pedrouzos, O Castro de Caldelas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES