Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos continuadores

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 18 de junio de 2026
Desde que un ser superior que os cristianas chamamos Des, puxo o ser humano neste mundo, pasaron innumerables xeracións das que procedemos.
CADA XERACIÓN FAI A SÚA APORTACIÓN:
-A unha tocoulle: inventar o lume.
-A outra: descubrir a roda.
-A outra: inventar a locomotora.
-A outra: o automóbil.
-A outra: a electricdade.
-A outra: descubrir a imprenta.
-A outra: a navegación aérea.
-A outra: a radio, a televisión, o teléfono, a tecnoloxía...
Así ata hoxe en día.
¿E AGORA QUÉ?
Pois agora chegou a nosa hora.
A hora de conservar todo canto progresaron os nosos ancestros con sumo esmero e cariño.
Honrar o seu esforzo.
Honrar os seus logros.
Honrar tódolos bens que nos legaron:
-RIQUEZAS MATERIAIS que favorecen o noso benestar material.
-RIQUEZAS INTELECTUAIS que representan os avances no campo, da ciencia, da cultura, dos costumes, das tradicións e todo tipo de bens inmateriais.
-RIQUEZAS ESPIRITUAIS que dan explicación á nosa procedencia e ó noso destino.
HONRAMOS O LEGADO MATERIAL:
-Conservando como ouro en pano todos cantos bens materiais nos permiten vivir cos adiantos de hoxe en día: casa, fincas, mobles e todo tipo de enseres que foron adquirindo con moito sacrificio na época que lles tocou vivir.
Poderá ocorrer que moitas cousas xa non se usen hoxe en día porque foron sustituidas por outras máis modernas.
O que nunca debemos facer é tiralas ou queimalas: os museos están aí para gardar a historia da nosa evolución.
Cando visitamos un museo etnográfico, por exemplo, lamentamos ternos desfeito de moitas cousas que hoxe en día podían ser obxecto de estudio para os que veñen detrás.
As cousas antigas teñen o seu valor e as modernas tamén.
TAMÉN O LEGADO INTELECTUAL
Analisando con amor e dedicación tódolos logros relacionados co saber do nosos antepasados: amor ós libros, a ciencia, ó estudio, á investigación, ó saber en xeral...
Porque o saber no ocupa lugar e canto máis se sabe, menos se ignora.
E, SOBRE TODO, OS PRINCIPIOS
Os principios son a base de todo o coñecemento e de toda a sabedoría humanos.
Se fallan os principios, derrúmbase o edificio humano.
Os valores que “mamamos” na nosa infancia, son o fundamento da nosa personalidade.
Sobre a nosa personalidade, descansa o edificio do noso ser humano, que é tanto como o noso benestar, a nosa felicidade, a nosa razón de ser.
OS VALORES MORAIS, ÉTICOS, RELIXIOSOS, AS TRADICCIÓNS...
Son as ferramentas coas que construimos a nosa maneira de ser que nos levan a un destino seguro e prometedor.
Cada persoa constrúe o seu proxecto vital sobre os valores dos seus proxenitores e do entorno que a rodea:
Manifestados na fe, na oración, na liberdade, na laboriosidade, na honradez, na lealdade, na fidelidae, na afabilidade, na modestia, na humildade, na gratitude, na entrega, na xenerosidade, no amor incondicional...
A FE É A MAIOR FORZA
-Fe no ser que nos dá e que nos sostén a vida:
Ese ser que os cristiáns chamamos Deus que nos vai guiando co seu Espírito Divino, orientando a nosa vida ó cuprimento da vontade de Deus que non é outra que: o amor a El e a toda a creación.
-Confianza en nós mesmos como depositarios duns talentos que debemos empregar sabiamente para cumpri-la vontade do ser divino que os implanta nos nosos corazóns e na nosa mente.
Porque somos continuadores dese legado tan sabio que nos deixaron os que nos precederon.
"TRANSMITIMOS O QUE SOMOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES