Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despoboación

miércoles, 02 de diciembre de 2009
Hai pronósticos de descenso poboacional en Galicia, que case non nos atrevemos a mencionar, porque falan da perda da terceira parte da poboación actual, nunha perspectiva que non podemos admitir porque sería unha catástrofe total.

E sen embargo, non hai máis que dar unha volta polo noso rural para comprobar que se o proceso despoboacional segue como na actualidade e nos últimos tempos, todo o rural galego será un gran ermo humano, e todos viviremos nas cidades e capitais de comarca que, sen ser grandes cidades, xa teñen os problemas dos grandes núcleos de poboación.

No rural, hai numerosas aldeas que se están quedando baleiras, derruíndose as edificacións; núcleos de poboación na que só quedan vellos que dentro duns anos deixarán abandoados os lugares onde antano había unha vida activa, desbordante. Os pequenos concellos do rural trasvasan de xeito definitivo a súa poboación ás cidades, ou fano temporalmente cada día cando a poboación activa vai traballar e volve residir ás novas poboacións dormitorio.

Cando pensamos que a poboación do rural está perfectamente atendida, con enerxía eléctrica, teléfono, estradas, actividades culturais e sociais, entidades asociativas e todo o que en tempos definía a civilización, resulta que falta o máis importante que son os postos de traballo para afincar poboación no seu lugar de residencia.

Pero a situación é esa. A poboación fuxe do rural e pasa a vivir ás cidades. Desaparece o espíritu rural de antano onde o tamaño da familia non importaba, ou sí que importaba de xeito positivo. O traslado ó medio urbano alonxa ós galegos do seu espíritu primixenio, convírteos en urbanitas que viven en pisos pequenos, e son conscientes de que un par de fillos xa é familia numerosa, con problemática que nada ten que ver coa vida tradicional do rural, cunha problemática internacional por riba de calquera fronteira.

En fin, que se Deus non o remedia, Galicia vai perder a terceira parte da súa poboación nunha fronteira que os máis novos chegarán a ver. A menos que nos
tomemos en serio o problema, e vaiamos poñendo os medios para evitar esta catástrofe.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES