Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confianza e esperanza

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 11 de junio de 2026
Aínda que pareza mentira, nos mundos que nos toca vivir fai falta máis confianza e máis esperanza que nunca.
Se observamos ó longo da historia sempre fixeron falta estas dúas virtudes.
-Se María non confiara nas palabras do anxo Gabriel, estaríamos vivindo como no Antiguo Testamento.
-Se o pobo de Israel non confiara na Providencia, non se poñería a cruzar o mar a Vermello.
-Se Cristobo Colón non tivera a esperanza de descubrir algo, non se poñería mar a dentro sen rumbo coñecido.
-Se os estudiantes non confiaran en superar os exames, quedaríanse na casa
-Se os noivos non confiaran, non se arriscarían a fundar unha familia.
-Se os empresarios non tiveran esperanza e confianza de saír adiante, non se expoñerían a crear unha empresa.
-Se os proxenitores non confiaran nun futuro prometedor para os seus vástagos, non traerían fillos ó mundo.
-Se o profesorado non confiara no progreso académico do alumnado, cambiaría de profesión.
-Se os sacerdotes non confiaran en levar almas a Deus, non se farían homes de espirito, seguidores de Cristo Resucitado e Resucitador.
CONFIAR E ESPERAR
Levan implícitas dedicación e paciencia.
Todo canto emprendamos na vida esixe dedicación e moita paciencia.
OS LABRADORES DANNOS SABIAS LECCIÓNS
¡Con canto esmero trata o labrador a terra para que lle dea os froitos!
¡E canta paciencia esperando: que o clima sexa favorable, que os productos xermolen, que medren, que unha cicloxénese non acabe con todo...!
Pero insisiten, confían, esperan e grazas a eles temos alimentos para todos.
OS PROXENITORS SON GRANDES EXPERTOS
¡Cantas noites de insomnio!
-¡Cantos cueiros que cambiar!
-¡Cantas horas de traballo abnegado!
-¡Canto quebradeiros de cabeza!
-¡Canto sufrimento cando as cousas non van ben!
-¡Canta incertidume polo futuro!
Os proxenitores son uns campións en confianza e esperanza.
OS MESTRES SON OS SEGUNDOS PROXENITORES
-Seguen o proceso de crecemento desde idades cada día máis temperás:
-¡Cantas horas de estudio e preparación de leccións!
-¡Canto sufrimento cando o alumno non progresa!
¡Toda unha vida consagrada ó ensino!
Pero confían e non se desaniman porque saben que sobre eles descansa o futuro do país e do mundo enteiro.
Polas súas mans pasan os futuros: mestres, médicos, sacerdotes, abogados, xuristas, gobernantes, incluídos os reis e os papas.
O PERSONAL SANITARIO TAMPOCO SE SALVA
Pasan a vida estudiando o comportamiento dos virus, das bacterias e de todo tipo de bichos microscópicos que son capaces de acabar coa vida das persoas...
Entréganse en corpo e alma e aínda así moitas enfermidades rebélanse e ven tanto, TANTO SUFRIMENTO...
Pero seguen loitando porque teñen a esperanza de que un día ou outro aparecerán novos fármacos para controlar as enfermidades e ver as persoas gozando de boa saúde.
¿E QUE DICIR DAS FORZAS DE SEGURIDADE?
Toda a vida loitando coa delincuencia, vendo sufrir ás persoas que caen na tentación, comprobando como moitas reinciden.
¡Cantos problemas!
¡Cantas desgrazas!
Pero elas seguen ó pé do canón para reinsertar na vida social a moitas persoas que colleron un camiño equivocado.
O CLERO CONFIA NA PROVIDENCIA
Predica sen descanso, pero non ve os froitos que desexa porque son moitos os que non cren que poida haber algún ser superior ó que ninguén ve.
Pero eles confían e esperan porque o Espírito sopra como, donde e cando quere esperando a conversión dos pecadores, porque os tempos de Deus son perfectos.
GRAZAS Á CONFIANZA E Á ESPERANZA:
O mundo segue o seu ritmo coa certeza de seguir o camiño evolutivo que emprenderon os nosos antepasados desde que o mundo é mundo.
"SOMOS CONTINUADORES"
Este será o título o seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES