Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don Benito Vicetto e Don Manuel Murguía: dous próceres rexionalistas (2)

Otero Canto, Xosé - viernes, 05 de junio de 2026
Nesta correspondencia epistolar que mantiveron os dous próceres... nunha das cartas, Benito Vicetto, escríbelle a Murguía tratándoo de irmán en 1856 e aceptándoo como amigo, aínda que persoalmente non se coñezan, con estas verbas: "Hay en Galicia una misma misión para los dos, los dos tenemos que realizarla"... "¡Mi corazón es el tuyo!. Ven Vicetto", así lle di Murguía porque Vicetto estaba fóra de Galicia, froito dos seus andares pola Península debido ao seu traballo de oficial de cárceres.

Vicetto chega á Coruña pouco tempo despois e ten moitas esperanzas sobre Murguía, ao que descoñece, Don Benito Vicetto e Don Manuel Murguía: dous próceres rexionalistas (2) tanto a nivel persoal como a nivel literario, froito da improvisación como bo romántico que é, mais Vicetto cando ve a Murguía sofre unha profunda decepción ao aparecérselle un Murguía pequeno, como se fose un rapazolo de pouca figura pois Vicetto tiña un pensamento preconcibido totalmente distinto do noso Manuel Murguía e diante desta situación todo o proxectado entre os dous semella desartellarse por completo. Hai algo raro neste encontro. A conversa entre dous foi moi breve porque Vicetto viu no xove Murguía un rapaz, que xunguido á súa pequena estatura física, que non intelectual, fixo que Vicetto o vise con outros ollos totalmente distintos e non o cría con suficiente talle ou estatura física e intelectual como para camiñar xuntos pola vida cultural e intelectual do Romanticismo rexionalista de Galicia.

Despois de morto Vicetto, bastante máis vello ca Murguía, pero aínda novo (1824-1878), pois tiña 54 anos cando morreu, Murguía en "Los Precursores" coméntanos este encontro: "Él, alto y fornido; yo, de más que corta estatura y al parecer, débil; él, hombre; yo, a lo que representaba, casi un niño; él, libre y dueño de sí; yo, hijo de familia y sujeto a voluntad paterna... Me miró con indiscutible supremacía", e logo segue"... Fue Vicetto hombre alto y bien apuesto, aunque de andar descuidado, de rostro varonil y hermoso, de cutis bronceado y espaciosa frente. En sus ojos negros brillaba el fuego del alma, aunque su cabeza era relativamente pequeña. Atraía y se hacía estimar pese a las desigualdades de su carácter que le hacía estremecer con involuntarios arranques , como sacudidas nerviosas".

Seguía dicindo Murguía que aínda que fose un home rufo era un home débil e non tiña ningún aspecto de ser de raza celta. E aquí comeza a consideralo cun certo desprezo e xorde entre eles unha pequena xenreira debido a que non ser de raza celta parece como se lle impedise ter que ver co noso rexionalismo pola súa ascendencia italiana. Segue dicindo Murguía que Vicetto tiña "infantiles rencores y el alma movediza como las olas, tanto que las impresiones del momento lo podían todo", en referencia a esa primeira visita dos dous próceres na que Murguía saía malparado pola súa exteriorización física ou de idade inadecuada, segundo Vicetto.

Despois desta primeira entrevista, estaba xa todo dito, e Murguía viu que non era ben querido, polo que emprende viaxe cara a capital de España. Vicetto imaxinárao moi distinto e da entrevista xurdiu unha indisposición para seguir mantendo relacións tanto de amizade como culturais e, a partir da data, Murguía criticará dunha maneira corrosiva e mordaz toda a obra de Vicetto a non ser "Los Hidalgos de Monforte", que en "Los Precursores" dinos dela que "es la única que le da, y con justicia, puesto preferente entre los escritores de nuestro país en el presente siglo... tiene el perfume de las obras juveniles y algo también de la frialdad que perseguía con tanto empeño "El Caballero Verde", su primera novela". Posteriormente Murguía relátanos como xorde a obra de Vicetto "Los Hidalgos de Monforte", pois "cuenta su autor que, en los carcomidos manuscritos debidos a la pluma de un monje de Sobrado, halló noticia de los sucesos que forman la trama de Los Hidalgos de Monforte", unha obra da que cremos, está hoxe esquecida a literatura galega e que deberiamos enxalzar polo menos tanto como o seu autor enalteceu a Galicia.

Fotografías extraídas da Wikipedia.

Bibliografía:
LÓPEZ DE SERANTES (1978).- Benito Vicetto iñorado. Editorial Albarellos. Lugo.
MURGUÍA, Manuel (1940).- Los Precursores. Emecé. Buenos Aires.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES