O primeiro é o primeiro
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de junio de 2026
Aínda que pareza mentira o proceso evolutivo do ser humano é moi lento.
Tan lento que non dámos aprendido cousas tan sencillas como:
-A importancia dos valores: éticos, morais, relixiosos.
-A importancia dunha boa base familiar onde se forxan as persoanalidades que construirán o futuro da humanidade.
-A importancia da vida intelectual para o desenrolo das capacidades propias de cada persoa.
-A importancia da vida espiritual sólida fundada sobre valores da Igrexa fundada por Cristo fai dous mil anos que deu orixe a construcción do vello continente europeo: o fundamento da nosa cultura.
-A importancia do ser antes que ter para facer un uso correcto dos ben materiais ó servizo dos espirituais.
DÁMOS DEMASIADA IMPORTANCIA ÁS APARIENCIAS
Co frecuencia confundimos a forma co fondo, o contido co continente:
-CANDO IMOS DE PERSOAS MOI ENTENDIDAS é porque ignoramos o pouco que sabemos e o moito que nos falta por aprender.
Con razón di o refrán:
"DIME DE QUE PRESUMES E DIRECHE DE QUE CARECES"
-Cando "ESTIRAMOS O PÉ MÁIS DO QUE DÁ A MANTA" é porque nos gusta impresionar aínda que pasemos necesidade de portas adentro.
A SOBERBIA CEGA A HUMILDADE E CONSTRUIMOS CASTELOS NO AIRE
-CANDO POÑEMOS UN MÓBIL NAS MANS Á INFANCIA NO CANTO DE POÑERLLE LIBROS é porque ignoramos o mal que estamos facendo ó seu desenrolo intelectual.
ESQUECÉMONOS DE QUE O PRIMEIRO É A CRIANZA E A FORMACIÓN PARA QUE SAIBA COMO USALO.
-CANDO NOS PARECE QUE UNHA PERSOA É DE PRESTIXIO PORQUE TEN MOITOS BENS MATERIAIS: estámonos esquecendo da orixe dos mesmos e tamén de que o importante é que esa persoa sexa honrada e cumpridora.
ALGO TAN SIMPLE COMO QUE AS APARIENCIAS ENGANAN.
-CANDO CONSIDEREMOS QUE OS CARTOS DAN A FELICIDADE: estámonos esquecendo de que as cousas máis valiosas da vida non se compran nin se venden: o amor, a paz, a afabilidade, os principos morais, a gracia de Deus, a honradez, a felicidade
OS CARTOS SON MOI NECESARIOS PERO NON A ÚNICA FERRAMENTA PARA TER ÉXITO NA VIDA.
O ÉXITO VEDADEIRO ESTÁ NA SABEDORÍA E NA SANTIDADE.
Son moitas as persoas que o saben e grazas a elas, o mundo vai o ben que vai:
-As que se empeñan en cultivar o valores morais que conducen a unha convivencia fraternal. A lei do amor univesal levada á practica é o melloriño de todo.
-As que cultivan o amor a ese ser superior que os cristiáns chamamos Deus que é a fonte de vida que sotén todo canto hai no universo.
-As que dan o mellor de sí para colaborar na construcción dun mundo mellor para todos.
-As que saben controlar a súa lingua de murmuracións, chismes, calumnias, mentiras e palabras que poidan ofender.
-As que teñen un corazón xeneroso para compartir o pouco ou o moito que teñen con quen ten menos que elas.
-As persoas que levan unha vida familiar en paz e harmonía perdoando e disculpando os defectos dos restantes membros da familia
-As que visitan e acompañan persoas que están pasando momentos delicados de saúde física, psicolóxica ou espiritual para axudalas, consolalas e darlles esperanza na súa recuperación.
-As persoas que acoden cando ven unha necesidade sen necesidade de que se lles pida axuda.
-Os proxenitores que educan en valores a descendencia para que sexan ante todo boas persoas, independientemente do estutus social ó que pretenzan.
-Os sacerdotes que representan a Cristo na súa predicación e nas súas obras, aínda que moitas veces sexan imcomprendidos.
-O profesorado que deixa a súa pel para formar cidadáns de ben. ¡Co difícil que é eso hoxe en día!
-Os sanitarios que se desviven por recuperar a saúde dos doentes que lle son encomendados.
-As forzas de seguridade que entregan as súas vidas por velar pola orde, salvar vidas, perseguir a delincuencia e mante-la seguridade.
-As autoridades que velan polo benestar da ciudadanía administrando rectamente os impostos.
-As amistades leais que ofrecen: axuda, confianza e seguridade. Estas persoas son as que nos dan confianza e esperanza.
"CONFIANZA E ESPERANZA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora