Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Academia do Audiovisual

Xiz, Xulio - viernes, 05 de junio de 2026
Escoito a palabra Academia e póñome firme recoñecendo autoridade, porque me formei na meritoria Academia de Vilalba onde moitos rapaces aprendemos a andar polo mundo.

En Galicia existe dende hai vintecatro anos a Academia do Audiovisual que hai poucos meses veu a Lugo entregar os Mestre Mateo, e centrou na cidade a mirada da Galicia que gosta do cine.

Ao chegar a unha cidade, parece lóxico pescudar a vida que o cine leva e levou nela, polo que seguindo pola TV a festa do cine os maiores notamos en falla un laio polos cines de hai medio século: Central Cinema, España, Gran Teatro, Kursal, Paz e Victoria. Foron nosos, e fomos deles.

Quizais faltou tamén mencionar algunha das películas rodadas en Lugo: 85 segundo Manuel Curiel ata 2013.

Quizais fose moito pedir que se mencionara a Semana de Cine de Lugo que ten o doble de anos ca a Academia, e é referencia para moitos cinéfilos lucenses.

Se preguntasen, quizais alguén lles informara que en Lugo hai un Paseo do Cine con placas que honran a varios dos que estaban na festa e a outros xa históricos: Mourelos, Tosar (pendiente de vir ver a súa placa), María Vázquez, Melania Cruz, Irmáns Coira, Luis Iglesia, Margarita Ledo, Prudencia Grifell, Frank Braña ou Carmen Correa.

E se acudiran a algunha fonte bibliográfica poderían acreditar que no que vai de século, co gallo da Semana de Cine se publicaron 29 títulos sobre xente do cine, sobre o cine e a súa nai, a fotografía.

En fin, que en Lugo, agora que se presentou o cartel da XLVIII Semana de Cine, a Academia do Audiovisual ten pendente informarse e formarse en Historia do cine. Mágoa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES