Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A calor da Lareira (1)

Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 10 de junio de 2026
Tema: "De cartos falábase nas lareiras pero gardábanse na hucha da avoíña"
A calor da Lareira (1)
Cando cansei de falar, digo, de ler, que é como agora se fai, Trillo preguntoume:

- "Moito sabes das lareiras; pero, dime, ¿como era a túa, a da túa familia".

Expliqueille que o meu tátara fóra, procedía, da Casa Grande da Olga (Caraño), dos Gómez de Neira (1), e que para cociña monumental a deles; ¡aquela, si! Dinlle detalles da mesma, e ao día seguinte obsequioume con este debuxo evocativo:

Trillo non omitiu centrar o crucifixo, facéndose eco de que a miña familia, un dos fillos daquel Gómez de Neira, que casou cunha moza da casa do Pacio, de Bergland, onde fundaron, construíron, unha casa nova; eran tan relixiosos que dous netos ingresaron no convento dominico de San Ciprián de Montecubeiro; cando a desamortización, o que aínda vivía, baixouse, ¡abaixouse!, a vivir na casa patrucial, onde lle puxeron unha cambariña debaixo das escaleiras do sobrado. Xa non o coñecín, pero teño referencias exactas pois cando eu era neno e entraba con algún feixe, herba, verzas, millo..., preguntaba:

- Madriña, onde o pouso?

- Neno, coma sempre, na cama do Cura, que, desde o Ceo, halle gustar que sigamos usándoa para un fin bo, e non como fan noutras casas, que agora xa ninguén durme diante da lareira...
A calor da Lareira (1)
- Madriña, sempre tes ocorrencias, que por algo o padriño, cando adormezo engurrado encima da artesa, sempre me di:

-¡Veña, rapaz; agora que xa rezamos o rosario, encorrélate na cama..., pero despois de persignarte!

-.-

Como vedes, as lareiras eran moito, pero non o eran todo pois nelas oíase pero non se vía, a diferenza do que pasa agora con esa entremetida á que chamamos "tele", e por veces, "telegaita". Poño por caso, para ver un morreo de rapaces tiven que ir á escola, e mellor me fóra non velo pois ata que me casei maldito un conseguín: ¿Eran virtuosas, ou non me querían? ¡Coido que as dúas, asemade!
-.-


NOTA:
1. Doña Catalina Sanjurjo, estuvo casada con D. Antonio Gómez de Neira, Familiar y Notario que fue de la Santa Inquisición; un hijo suyo del mismo nombre quedó soltero asistiendo a su madre, que había enviudado en el año 1636. Ella cuidó a todos sus hijos portándose con firmeza en su viudedad. (MANUEL VÁZQUEZ SEIJAS. Fortalezas de Lugo y su provincia tomo IV, pags. 131-143)
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES