Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nacidos da Terra

miércoles, 02 de diciembre de 2009
Sorprende a insistencia coa que institucións afastadas dunha Asociación Cultural, coma os empresarios de Expourense ou o Concello de A Coruña, convidan a Xermolos a levar ao 10º Salón da Xuventude e a Achegarte, que se celebran arestora, as súas publicacións, sabendo de onde vimos, da precariedade dun colectivo da Galiza interior. Pero, sen dúbida, esta é a razón. Somos capaces de ter unha literatura e unhas artes propias, que provocan o interese doutras comarcas. A entidade de Guitiriz, apurou toda a imaxinación, para ofrecer novidades, unha mostra de que a creación nestes eidos non coñece ocaso, nin fases de escuridade. Non esquecen os anos de participación en Megaxove de Ourense e na Feira do Libro de A Coruña e doutras cidades, e non poden fallar ás expectativas das e dos lectores, que cando chega o outono, buscan alí ese sentir da terra, que caracteriza ás letras chairegas. Na fin de semana, en A Coruña, puideron ollar por primeira vez, obras que transmiten a comuñón coa natureza: a guía da “Rota da Cova da Serpe”, ilustrada e trazada por Xavier Varela, ou o poemario “Do corazón da terra” de Luz Campello, moza de Guitiriz, que construíu os primeiros textos na Revista Xermolos, na adolescencia. Acaen estes versos co xeito da nosa lírica: promocionar con emoción estética a paisaxe do berce. Xosé Otero dedica a súa colleita ao Pai dos ríos: “Miño, río pai e amigo”, dende a Ponte do Outeiro de Castro. Ilustrada coa paixón de 13 creadores, que axudan a sentilo con máis beleza. Deleitáronse co cesteiro Domingo Río, tecendo esa vexetación. Un Caderno, que valora a transmisión desta sabedoría e aprezo pola natureza aos máis novos, proxectado e feito por un mozo que está a aprender este oficio. Xa facendo memoria dos bos e xenerosos, Xermolos publica un Guieiro dedicado ao investigador e escritor, Pérez Prado, chairego, que morreu hai semanas en Bos Aires. Durante anos foi o médico do Centro Galego, e atendía a moitas/os paisanos que sufrían de nostalxia, afastados do terrón pola emigración. A Terra Nai multiplicase e enxergase, a eito nesta escrita, cunha forza expresiva que axuda a facer camiño. Non hai mellor compañeiro e amigo de andadura, ca un libro, e !coa que nos vén enriba!, co furacán da publicidade do Nadal.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES