Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 03 de junio de 2026
O estraño caso do día interminable

Ultimamente estanme deixando pegada os libros que leo. A un de Julio Llamazares xa lle dediquei dous Pingas e agora tamén vou co segundo sobre a novela de José Pinto Carneiro, "O estraño caso da rapazola que entrou polo meu despacho adiante".
Resulta que eu tamén vivín o estraño caso do día que empezara e non acababa nunca. Iso dicía eu cando levaba dúas semanas e media vendo que non se facía de noite. A min, aquilo xa me traía pola rúa da melancolía, digo da amargura. Pingas de Orballo Si, porque para máis aquel, eu nin durmía nin intentaba durmir. Nunca me gustou durmir de día.
Por culpa de non durmir, e ademais de ter a cabeza coma un bombo, xa tiña os ollos inchadísimos. Tan inchados que mesmo me custaba un mundo ver por eles. Unha cousa é comprobar que non chega a noite durante dous ou tres días, pero xa durante dúas semanas e pico...
Non me quedou outra que intentar saber de verdade que carallo estaba a pasar. Botei man das primeiras persoas coas que me atopei -para saber se a eles lles sucedía o mesmo ou era o meu cerebro o que xa non regulaba ben- e, cando lles fixen a pregunta de por que raio non se facía de noite, ríronse na miña cara e nin ousaron contestarme. O estraño caso pintaba mal, tan mal coma o da novela do autor portugués.
Foron os seguintes paisanos os que me espetaron de súpeto que estabamos no Círculo Polar Ártico. Quedei coa boca aberta e sen reacción. Que pintaba eu naquel lugar? Como chegara ata alí? Ah, o estraño caso dun caso ben estraño.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES