Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Onde está a esquerda?

martes, 01 de diciembre de 2009
O tren que corre a unha velocidade impresionante vai parando de cando en vez en moitas estacións, leva un destino cheo de túneles moi escuros e incertos. Un destino que moitos de nós sabemos, non o dicimos, pero aceptamos como un mal que moitos están a dicir que xa non ten remedio.

Aínda penso que pode ter remedio antes de que sexa tarde e ese tren non estoupe ao final do percorrido. A solución ten que vir desa esquerda progresista, ecoloxista e social collendo ese tren en calquera estación, non soamente velo pasar e poñer cara de tristura. Coido que aínda está a tempo de facer ese esforzo, de recuperar a conciencia crítica, conciencia de clase, conciencia solidaria e a conciencia de ser humano.

Comprendo que nestes tempos que corren en países de alto e medio grado de desenrolo económico como España, foi fabricado a conciencia polo liberalismo salvaxe para que se perda esa conciencia crítica do persoal. Os medios de comunicación (falsimedia) tratan por tódolos medios de que aceptemos a guerra para así reinar a paz. Que aceptemos que no nome da paz os gastos de defensa sexan desorbitados e permitir que se crean conflitos artificiais para desfacerse de stocks de armas. Permitimos e aceptamos que non se condene un asasinato de outro humano, malia que os gobernos decreten que é un inimigo e teño que matalo. Eses medios case conseguen que acepte a división da opinión pública, creando un partido de dereita (PP) e outro “esquerda” (PSOE) que teñen nestes intres un pasatempo, un xogo, facendo entre eles un simulacro de enfrontamento, facéndonos crer que os sistema vai por bo camiño e avanza, pero avanza como ese tren con destino a estoupar.

Eses medios escritos e audiovisuais controlados pola gran banca, grandes corporacións e homes de negocios, que teñen o poder, que non son elixidos democraticamente e son totalmente libres de controlar aos estados tentan e tratan de que aceptemos as novas negativas e aterradoras do mundo tódolos días, para así facer ver que a nosa situación en Occidente é moi normal, seguir mantendo o medo no noso corpo e xustificar masacres e guerras.

Nos din que temos que aceptar esa guerra económica que está actuando sen rigor e salvaxemente sobre este pequeno planeta que nos leva ao “planeticidio”, a unha catástrofe. Non acepto, nin consentirei mentres teña a cabeza enriba dos pes que eses poderes “fácticos” me traten como gando, xa que esa é a súa intención cara ao persoal.

Todo isto coa anuencia da esquerda, desa esquerda que considérase pura, da esquerda posibilista que anda un pouco a deriva en centos de debates que por mor deses (falsimedia) moi pouca xente escoita. ¿Lles interesa ao persoal que os corruptos sexa condenados e vaian para o cárcere?. ¿Lles interesa que sexamos bárbaros consumidores?. A lei do aborto, o xenocidio franquista, os matrimonios homosexuais. Todo isto lles importa un carallo ao persoal, por certo que son maioría neste país e parte de Europa. ¿Saben porqué non lles interesa?. Porque estase a perder (ou xa se perdeu) os valores e o da nosa condición como humanos.

Esa esquerda de valores a que eu coñecín fai tempo, ten que tomar ese tren, con obxectivos moi concretos, acometer os cambios que esta sociedade inxusta e depredadora necesita e deixarse de debates que a ninguén lle interesa.

Teñen que loitar coas mesmas armas que usan eses depredadores do planeta, xuntar tódolos esforzos cara a eses cidadáns que aínda teñen a esperanza e cren en que outro mundo é posible, loitar dentro das posibilidades en crear un sistema educativo que forme cidadáns conscientes, críticos, libres e solidarios.

Fai un tempo, preto de catro anos, José Saramago dicía unhas palabras moi fortes á esquerda, a frase era a seguinte: “La izquierda no tiene ni puta idea del mundo en que vive”. Foi unhas palabras moi duras e coido que deliberadamente provocadoras. Esa esquerda interpelada por Saramago, respondeu co máis absoluto silencio, ningún partido saíu á palestra para rebater ou argumentar esa frase.

Ollamos como a situación do mundo está a complicarse cada vez máis e esa esquerda segue un pouco estancada, está a perder ese tren da oportunidade da crises do capitalismo salvaxe, onde Marx nunca había tido tanta razón como hoxe.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES