Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os espellos (17)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 09 de junio de 2026
Os espellos (17)
-.-
Seméntase nos fillos
e recóllese nos netos,
que non hai satisfacción meirande
que a de velos medrar,
en idade, sabedoría e goberno.
-.-

Xosé María Gómez Vilabella
(Que foi mestre daqueles de "a ferrado", iniciándose aos 16 anos cos nenos
da casa de Rey, de Piñeiro, Quetesende (O Corgo).
-oOo-

ADDENDAS
Educar en Principios e Valores Éticos
Traducido de Gerardo Remolina, S. J.
(Universidade Gregoriana de Roma)

A ética non é simplemente unha colección de "principios" e de "valores" froito dunha reflexión persoal ou colectiva, senón unha forma de proceder acorde coa "dignidade" da persoa humana. A dignidade é unha calidade inherente á persoa humana.

Segundo o preámbulo da Declaración dos Dereitos Humanos de 1948, a dignidade é intrínseca a tódolos membros da familia humana. O modo de proceder ético implica principios e valores éticos.

Os espellos (17) É importante facer esta distinción. Os "principios" en xeral son proposicións, teóricas, que expresan un determinado modo de proceder, ben sexa físico, espiritual ou ético. Os valores son enerxías ou forzas espirituais que moven á acción: son eficaces.

Un principio é ineficaz mentres non se converta en valor. Os valores radican non só no cerebro (teoría), senón e sobre todo no corazón (efectividade) e nas mans (acción).

Segundo Kant, no reino dos fins todo ten un "prezo" ou unha "dignidade"; as cousas teñen un precio, a persoa humana ten unha dignidade; non é un medio senón un fin en si mesma.

Cando non nos respectamos a nosoutros mesmos, vendemos a nosa dignidade por un puñado de diñeiro, e daquela non respectamos a dos demais, nin a natureza digna tamén do noso respecto. Un profesor transmite principios, un educador transmite valores coa súa maneira de ser e de vivir.
-oOo-

Queridísimos fillos, con este deben ir...,

xa non sei cantos, pero agora cansei!

Para que conservedes esta copia

en lembranza dun pai que está orgullosísimo de vosoutros,

dos dous,

dos vosos comportamentos.

¡Que Deus vos ampare e bendiga,

Amén!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES