Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os espellos (15)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 05 de junio de 2026
Insistindo no das malas influencias dos nenos, que é un tema presente en tódalas épocas, en todas as civilizacións.
Os cregos, no seu, no relixioso, dan cursiños prematrimoniais; daquela, por que non se lles encargan aos mestres/mestras que os den educacionais, para futuros pais? Hoxe as ciencias avanzan que é unha barbaridade, (diálogo na "Verbena de la Paloma" entre Don Hilarión e Don Sebastián), pero aínda temos moitas Os espellos (15) improvisacións, entre elas as crianzas da prole.

DON HILARIÓN: El aceite de ricino, ya no es malo de tomar. (Daquela utilizábano os franquistas para tirarlles da lingua aos acusados).
DON SEBASTIAN: ¡Pues cómo?
DON HILARIÓN: Se administra en pildoritas, y el efecto es siempre igual, igual, igual.
DON SEBASTIÁN: Hoy las ciencias adelantan que es una barbaridad
DON HILARIÓN: ¡Es una brutalidad!
DON SEBASTIÁN: ¡Es una bestialidad! ¡Es una bestialidad!

É certo que avanzan as ciencias; moito; do XX ao XXI xa parece que Deus nos cambiou de galaxia, pero, se avanzamos tamén perigamos, así que compre ir, avanzar, pertrechados, acorazados, pois o inimigo, ¡os inimigos!, tamén inventan, tamén se arman. Con Eva foille moi fácil ao Lucifer pois aquela Eviña só tiña un Adán para aconsellarse.
¿Que non é función súa, especialidade súa? ¡Anda que non; hoxe en día, con tantas facultades, con tantas especializacións, só temos aos Mestres e aos puericultores para ocuparse da infancia; se é preciso, a uns e aos outros, que lles amplíen o programa!
Ámbitos educativos para aplicar nesta ¿utopía?, por orde alfabético, que non de importancia:
Educación: emocional
Educación: en valores
Educación: especial
Educación: física
Educación: intelectual
Educación: social

A que está de moda é a física; ¡por algo se empeza!

Por se vale de síntese:
Aos pais hai que recomendarlles, ademais dunha convivencia familiar grata e harmoniosa, unha honestidade acreditada en tódolos seus actos, tanto nos públicos coma nos privados. Que a súa capacidade de traballo non se vexa minguada por vicios ou molicies pois o casamento é unha especie de..., ¡de pluriemprego! Amabilidade, e non só cos seus superiores, o que chamamos vulgarmente "face-la pelota"!, pois o fogar é outro templo, o das nosas devocións familiares, e por tanto, obrigatorias. ¿Que non paren de estudiar; Os espellos (15) tanto os pais coma os fillos! ¡Iso tamén, pois canto máis prosperamos, canta máis responsabilidades abarcamos, máis coñecementos se precisan!

-.-

¡Que inxustiza a daquelas becas antigas...! que chegaba con facer un bo exame, foses ou non de familia rica. Cando me presentaron a min, en Lugo, no ingreso de Bacharelato, ¡que aínda estaba o pan racionado!, só aprobamos tres das seis prazas, servidor (¡o burro diante, para que non se espante) e mailas dúas irmáns Hermida.

Os ricos, os de familia rica, adoitaban ír mellor preparados; daquela, ¡todo fácil! Daqueles tres a principal ricura chegoulle á Amalia, Amalia Hermida López, que mereceu a santidade presidindo, dirixindo, en Lugo, Manos Unidas. O bispo estivo no seu relevo, pero, que eu saiba, aínda non a propuxo a Roma para a súa canonización; ¡sequera os santos non sobran, non abundan!

Aquelas becas eran pouca cousa, e as fondas en Lugo sempre foron de lujo, así que tiven que renunciar; ao que non renuncio, agora, é a pedirlle a Amalia que me recomende para esa beca definitiva, ¡a do Ceo!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES