Durante a primeira Guerra Carlista, Benito Vicetto, xunto á súa irmá, Juana, previo permiso do capitán, ocuparon dúas celas no mosteiro de Sobrado dos Monxes, o primeiro como soldado e a segunda polo permiso concedido. Alí, Vicetto, como xefe dun pelotón de fusilamento, matan a un prisioneiro de 18 anos non cumpridos que deixa muller e picariño de dous meses. Este feito leva á súa irmá Juana á desesperación diante do arrepío e aversión que tal feito lle provoca.
Tempo despois, Benito Vicetto, narraría este feito do arrepiante fusilamento nunha das súas lendas e

que tanto había de intrigar aos contemporáneos seus este desventurado feito e dunha maneira máis especial ao própio Manuel Murguía, pois el mesmo coñecía ao pai do fusilado por ser compañeiro de estudos, de aí que, en "Los Precursores", obra de M. Murguía, coméntanos como se houbese unha maldición sobre aquela familia, pois a este rapaz, ao que se lle supoñía un moi bo porvir, mátano moi preto do lugar onde seu pai fora fusilado, facía xa vinte anos, e, parece ser que o proprio Vicetto non coñecería nunca este feito, ou o que é o mesmo, non sabería nada da mor do pai do reo.
Murguía tamén deixou escrito que Vicetto era un home altivo e orgulloso, debido tal feito, quizás a que Vicetto por cuestións monetarias non puidera acceder aos estudos universitarios, lacra que sentirá ao longo de toda a súa vida, por iso será autodidacta e el saberá moi ben que todo canto fixo na súa vida foi por obra e graza de si mesmo, xamais contou coa axuda de ninguén e por iso será polo que sexa un home orgulloso, aínda que algunhas dedicatorias lle supuxesen entrar en determinados ambientes, como sucedeu aos seus 26 anos, cando lle dedicou ao Sr. Calderón Collantes o seu libro, "El arquero y el rey", dedicatoria que lle supuxo coñecer a aristocracia, cando estivo destinado en Sevilla como oficial de prisións, aló polo 1850, datas nas que coñeceu a unha muller abraiante pola súa beleza coa que tivo relacións, chamada Magdalena Alonso.
Froito desta relación, Benito Vicetto publica a obra que leva ese nome por título, "Magdalena", editada por un xornal de Badajoz ao que Vicetto foi dar unha conferencia sobre os escritores españois e alí vai, pero á hora de falar faino soamente dos escritores galegos, o xornal alcúmase "El Jévora". Don Manuel Murguía dinos, con relación a este feito, das obras de Vicetto "los dolores, las torturas, las angustias y las heridas que describe Vicetto fueron reales", de aí que os sucesos acaecidos con esta muller aristócrata sexan tan reais que ben poden chegar para a ampla escritura que dela fixo Vicetto.
Cando Murguía é redactor do xornal "El Correo Universal", de tendencia liberal, publicou unha crítica moi entusiasta de "Los Hidalgos de Monforte", obra de Vicetto, e despois volveu facelo en "La Gaceta", obra que o eloxiaba e encomiaba, sírva este exemplo: "La obra entera, la tradición, la pintura, los nombres, personajes, creencias, aspiraciones, todo es de Galicia y para Galicia".
Non se coñecían aínda os dous próceres e as recensións de Murguía cos seus agasallos literarios chegaron á alma de Vicetto e tratou de coñecer a Murguía a través das súas publicacións.
Vicetto tamén dirixía o xornal "El Clamor de Galicia", xornal que trataba de bo grado as ideas rexionalistas galegas e de aí que se ocupase amplamente da obra de Murguía, feito que vai levar a que os dous próceres procedan a cartearse, pois senten que están xunguidos polo rexionalismo e polo amor a Galicia.
Murguía pídelle a Vicetto colaboracións para "El Clamor" e créase entrambos un clima de concordia e fraternidade que posiblemente -cren eles- que os pode levar a unha grande e poderosa amizade.
Continuará...
Fotografías extraídas da Wikipedia.
Bibliografía:
LÓPEZ DE SERANTES (1978).- Benito Vicetto iñorado. Editorial Albarellos. Lugo.
MURGUÍA, Manuel (1940).- Los Precursores. Emecé. Buenos Aires.