Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Merlín

Xiz, Xulio - viernes, 29 de mayo de 2026
Estoutro dia fun traballar a unha gran superficie en Duquesa de Lugo. Non é que sexa amigo do dono, pero cáeme ben. O nome figura na portada: Merlín. Ten que ser alomenos vinte veces máis vello ca min, pero seica Cunqueiro tratoo con el. Aquí cítano como rei, que supoño é unha forma intelixente de dicir que mangoneaba ao rei Arturo cando este se pasaba coa Xenebra.
Traballei sen cobrar -como xubilado ten que ser así- porque encargara unha mesa para fóra da casa que, como viña desmontada, me cabía no coche, e aló fomos por ela Merce e mais eu.
Déixaronme o inmenso paquete no fondo de todo da grande superficie, e tiven que coller fóra un carro que -aínda baleiro- tiraba cara ao lado conservador, e tiña que ir gobernándoo para poder circular por entre os rimeiros de mercancía. Subir a mesa ao carro, foi unha odisea. Nos, sós diante do perigo. Unha mole coma o monolito de Odisea no espazo. 150 por 89. Non entraba de todo, e tiña que ir ladeada. Merce dirixía a maniobra, e eu maniobraba con máis perigo para as mercadorias da contorno ca para nós mesmos, pero debímolo facer moi ben porque ningún dos amables empregados da tenda do meu amigo -mira que son xeitosos para vender!- nos preguntou se precisábamos axuda. Vese que a nosa presencia aínda non nos fai entrar nesa categoría senior que provoca nos mozos un sentimento de protección, sempre estimable.
A raiz desta aventura recibín media ducia de correo de Merlin, entre eles un preguntándome que me parecía a experiencia, ao que lle respostei que a compra moi ben, pero quedei un pouco queixoso porque non me tivesen preguntado se precisaba axuda. Por agora, non me contestou.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES