Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 27 de mayo de 2026
A vertixe do desexo

Asoma a vertixe do seu peito e a felicidade consiste en ir máis alá dun latexo compartido. El baixa amodiño, percorrendo coa ansia da súa lingua e cos seus bicos os camiños que levan á lagoa do desexo.
Ela pensa que hai 69 formas de alcanzar o paraíso: desde unha cadeira resistente ós ímpetos da dita ata a reforma estrutural dunha ducha para descubrir realmente o que é bo, para saber o que vale un peite.
Pingas de Orballo Os dous cren, saben, imaxinan e desexan que o gozo vaia moito máis alá do deleite e do pracer; porque, como dicía aquel, hai que vivir, que son dous días. E viven baixo as imaxes fotográficas dos anhelos, dos devezos, das ilusións e dos soños.
Asoma tamén a vertixe da zona prohibida, onde cada salouco é unha esperanza, cada mirada unha aventura e cada xesto, cada feito un futuro orgasmo de ilusión. Sempre se dixo que o prohibido é o máis tentador.
El quere mesturar agora a fermosura cos versos, os versos cos anhelos e as ilusións coa almofada dos soños. Ela quere vivir a fantasía das formas e das posturas, deixando que as ansias sigan ó ritmo dos seus latexos. Os dous senten as palpitacións dos soños. Como dicía aquel outro: soñar é bonito, pero soñar esperto aínda o é máis.
Asoma a vertixe das imaxes e o tempo queda estancado para que a realidade amose a fermosura dun peito e o niño do desexo. Agora, que el baile un twist sobre o embigo do mundo e que ela siga o ritmo dunha das 69 posturas. E que rebente o mundo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES