Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Querer a un territorio, facelo teu

Vaamonde Rodríguez, Jacobo - martes, 26 de mayo de 2026
A pasada semana, con motivo do Día das Letras Galegas, o Concello de Melide instalou unha serie de placas en homenaxe aos escritores do "Melide das letras" nas fachadas dos seus lugares de nacemento.

Esta iniciativa, promovida polo Museo da Terra de Melide, non só é un acto simbólico, senón unha forma de lembrar, todos e cada un dos días a diversos escritores falecidos que contribuíron á historia da vila.

Un deses homenaxeados foi Amador Rodríguez Martínez, quen naceu na Rúa do Convento, onde se asentaba a tenda familiar de ultramarinos e taberna. Teño falado del noutros artigos, posto que non foi o único descendente de comerciantes que destacou no campo da escrita.

E neste contexto, de conta (outra vez) da importancia de querer e crer no territorio no que vives.

Os maragatos e casteláns fixeron unha fonda aposta por Galicia como lugar para asentarse e desenvolver un novo modelo de negocio e vida. De seguro, non foi unha tarefa fácil, posto que cambiaban de casa, de vida e de tradición.

Pero en vez de quedar como un núcleo de poboación apartado, uns "raros", tomaron Galicia como fogar, adaptándose á súa lingua, cultura e tradicións.

Pola cercanía familiar, ao ser tío-bisavó de quen escribe estas verbas, falo un pouco mais do caso de Amador Rodríguez Martínez, que non foi illado.

Amador era fillo de Elisa Martínez Sobrado e José Rodríguez Ureña, ultramarineiros da vila que continuaron co negocio familiar emprazado na Rúa do Convento e que construirían pouco tempo despois a casa da Rolda da Coruña, onde seguiu o negocio en pé ata o 2016.

José era fillo de Andrés e Mercedes, de Carballiño e Valladolid respectivamente.

Coñecendo as orixes da familia, quizais queda mais claro que non só apostaron pola lingua e cultura galega os que xa estaban en Galicia, senón que o amor polo territorio foi, e aínda segue a ser un dos motores para o desenvolvemento da cultura galega.

A historia continuou, con Xosé Manuel Rodríguez Pampín, quen seguíu o camiño do seu tío.

Querer a un territorio, facelo teu Como dicía ao principio, falo deste exemplo porque "queda na casa", pero non fai falla mirar moito mais alá para completar a hipótese:
Xesús Mato, afincado en Paradela pero de ascendencia maragata (así o reflicte o seu apelido) foi o co-fundador de Fuxan os Ventos, un dos grupos mais importantes da música galega (e moitas cousas máis) Xesús Carro, escritor, membro da Real Academia Galega e coautor do Terra de Melide con outros grandes mestres da escrita era fillo do almacenista Tomás Carro, de orixe maragata.

Os catro compartían algo: unha orixe común, unha profesión común (o sacerdocio) e unha forma de vida común. Quizais pareza casualidade, pero que Xesús Carro e Amador Rodríguez, ambos fillos de ultramarineiros, se xuntaran para escribir unha obra que fala sobre a cultura e tradición dun territorio (A Terra de Melide), é símbolo de que o amor por unha lingua e un lugar non só nace, tamén se fai, e así o fixeron eles.

Fuente imagen: Concello de Melide.
Vaamonde Rodríguez, Jacobo
Vaamonde Rodríguez, Jacobo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES