Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Responsabilidades grandes

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 28 de mayo de 2026
Falamos moito de responsabilidade; pero unha cosa é falar e outra é: R-E-S-P-O-N-S-A-B-I-L-I-Z-A-R-S-E
Se tomaramos conciencia de que todo canto facemos ten unhas consecuencias non só para nós, senón tamén para a humanidade enteira, tomaríamos a vida moito máis en serio e actuaríamos con moita máis responsabilidade.
HAI RESPONSABILIDADES PARA TODOS
Unha criatura desde que ten uso de razón, xa empeza a ser responsable se lle inculcamos aqueles deberes que lle corresponden á súa idade.
Dise que estamos criando unha xeración de cristal que non soporta nada porque non está entrenada.
CERTAMENTE
Sempre se lle quixo facer A VIDA FÁCIL Á INFANCIA para que non sufra nin se frustre.
Certo que hai que ter en conta a súa tenra idade; pero máis certo aínda é que sen entreno no esforzo non se sae victorioso na vida.
Hai que educar no esforzo porque sen esforzo non se consigue nada que mereza a pena:
-HAI QUE ESFORZARSE PARA ESTUDIAR.
-HAI QUE ESFORZARSE PARA VIVIR EN FAMILIA
-HAI QUE ESFORZARSE PARA MADRUGAR e ir é escola ou ó traballo.
HAI QUE ESFORZARSE PARA CUMPRIR coas obrigacións profesionais.
-HAI QUE ESFORZARSE PARA CONSEGUIR UN POSTO LABORAL que nos permita cubrir as necesidades básicas que non son poucas.
-HAI QUE ESFORARSE PARA CONSEGUIR UN TEITO onde albergarse.
¡Co difícil que está hoxe en día o tema da vivienda!
-HAI QUE ESFORZARSE PARA A CRIANZA DOS FILLOS, que costa máis que nunca.
-HAI QUE ESFORZARSE PARA ATENDER ÓS ASCENDENTES na etapa senil.
-HAI QUE ESFORZARSE PARA CONCILIAR a vida familiar coa laboral, cousa que cada día se pon máis difícil.
¿HAI ALGO SEN ESFORZO?
Hai labores máis fáciles e outros máis difíciles; pero todos costan traballo.
O que algo quere, algo lle costa.
O que non se esforza queda no foxo da vida.
Sendo así de dura a vida...
¿POR QUE NON EDUCAMOS PARA O ESFORZO?
-¿POR QUÉ PROTESTAMOS Ó PROFESORADO?
Cando o que fai é entregar a súa vida por conseguir cidadáns que adquiran os coñecementos necesarios para defendérense ben na vida.
¿Queremos que sexan analfabetos?
¿Pensamos que a tecnoloxía nos vai solucionar a vida por si soa?
Estámonos enganando a nós mesmos.
-¿POR QUÉ PERMITIMOS MOITOS, que nos consideramos crentes, QUE OS NOSOS FILLOS ABANDOEN AFORMACIÓN RELIXIOSA EN CANTO FAN A PRIMEIRA COMUNIÓN?
Desaproveitamos unha formación moral e relixiosa que nos educa para compartir, para perdoar, para amar, para levar unha vida fraternal, para ir polo bo camiño, para sentirnos fillas e fillos de Deus.
¡Pobre de nós!
¡Moi enganados estamos!
-¿POR QUÉ NON FORMAMOS FAMILIAS EN SERIO?
Claro que non hai familias perfectas; pero a familia é o máis sagrado que temos: dános a vida, críanos, protéxenos, apóianos, axúdanos a subir, cóidanos na enfermidade...
¿A quen lle podemos pedir máis?
¿Qué hai máis bonito que unha famlia unida por días de vida?
ALGO ESTÁ FALLANDO
Certo que adiantamos moito nos últimos tempos no tocante a tecnoloxía; pero non está todo feito.
A tecnoloxía, os adiantos, todo tipo de robots son ferraments moi útiles ó noso servizo.
Pero se falla o factor humano, falla a calided, falla a amabilidade, falla a xovialidade, falla o cariño, falla o amor, falla o mais importante.
Temos que saber priorizar.
Temos que asumir as responsabilidades que nos tocan.
"O PRIMEIRO É O PRIMEIRO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES