Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xira dos Loureiros

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 11 de junio de 2026
No ano 1910, a familia Reimunde Basanta de San Martiño, tiñan un serradoiro de madeira na Espiñeira, barrio de Vilaronte.

Nunha ocasión, mercaron moita madeira en Mondoñedo. Eucaliptos e piñeiros, pero de seguido encontráronse con un serio problema, o de como transportar esa madeira ata a Espiñeira. Resulta que, os camións que había naquela época, eran pouco máis que os carros do país, lentos, de pouca carga e fáciles de avariar.
Xira dos Loureiros
Idearon de baixar as rollas río abaixo, flotando polo río e pouco á pouco ilos dirixindo polo Masma de cara a Foz.

Pediron o correspondente permiso á Deputación Provincial de Lugo. Permiso concedido e os obreiros procederon á baixada dos troncos polo río.

Pero aquí xorde un serio e grave problema co que non se contaba. Os troncos ao baixar polo río, ían chocando contra as ribeiras e desfacéndoas, un inevitable problema medioambiental.

Ante ese problema, o Concello de Mondoñedo asina un decreto no que di claramente, que o río Masma non é navegable.

Para os focegos que teñen menos de 70 anos, debo dicir, que non puideron coñecer a famosa Xira dos Loureiros, dita xira celebrábase nos anos 40 e 50 do pasado século XX, no barrio de Os Loureiros da nosa parroquia de Vilaronte e nunha zona que era fronteiriza con Celeiro de Mariñaos do veciño Concello de Barreiros.

As xentes de Foz, para participar nesa cita, debían ir en lanchas subindo polo río Masma arriba, ata esa zona e por suposto, eran moitas as lanchas que subían cargadas de xentes, familias enteiras de todo tipo social que acudían coas súas merendas a ese lugar máxico, actualmente propiedade do señor Rocha, veciño desa parroquia.

Os propietarios das lanchas e incluso, os mariñeiros de Foz, parece ser que descoñecían ese decreto, o de que non se podía subir polo Masma ao non ser o río navegable. E se o sabían, facíanse os "suecos", porque cobraban por traslado de pasaxeiros. Pois eu estou debidamente informado por un membro da Capitanía Marítima de Burela, que ese decreto a día de hoxe segue vixente, pois non fai moito, que multaron a máis de un por subir polo Masma arriba con embarcaións.

NOTA: As fotos que vos aporto, son de lanchas de Foz, subido polo río Masma con xente que ían á XIRA DOS LOUREIROS.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES