Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día Mundial do Médico de Familia - 19 de maio de 2026

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - martes, 19 de mayo de 2026
Día Mundial do Médico de Familia - 19 de maio de 2026Hoxe quero recoñecer con toda claridade o valor dos médicos e médicas de familia.

Son os profesionais que coñecen o nome, a historia e a vida das persoas que atenden. Chegan antes que ninguén á dor, ao medo, á dúbida.

Son o primeiro rostro humano da sanidade, os que acompañan desde o nacemento ata o final, sen distinguir entre ricos e pobres, entre aldea grande ou pequena.

Sen eles non hai atención primaria, e sen atención primaria non hai sistema sanitario que se sosteña en pé.

Por iso, como cura párroco de parroquias rurais do interior de Galicia, levanto a voz con toda a forza:

- DENUNCIO os recortes sanitarios que están desmantelando a saúde pública no rural.
- DENUNCIO a escaseza de médicos de familia que deixa consultas sen cubrir durante semanas e meses.
- DENUNCIO o peche de centros médicos e consultorios que obriga a anciáns e familias a percorrer decenas de quilómetros para unha consulta básica.
- DENUNCIO o abandono sistemático da poboación rural por parte da administración autonómica.
Día Mundial do Médico de Familia - 19 de maio de 2026
Porque hai que dicilo claro: o SERGAS é o Servizo Galego de Saúde, e como a súa propia palabra indica, é competencia da Xunta de Galicia, non do Goberno Central. Non valen as desculpas nin as escusas políticas.

A responsabilidade de garantir a atención sanitaria en cada aldea e en cada vila é da Xunta.

Non se pode falar de Galicia baleira e ao mesmo tempo baleirala de médicos. Non se pode falar de igualdade e deixar sen dereito á saúde a quen naceu fóra das cidades.

NON AOS RECORTES SANITARIOS.

NON AO ABANDONO DAS NOSAS ALDEAS E POBOS.

A saúde non é un gasto, é unha débeda de xustiza. E o rural galego non pode seguir sendo o esquecido de sempre.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES