Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, a Igrexa

viernes, 27 de noviembre de 2009
Houbo un longo tempo no que a Igrexa foi a responsable da conservación e transmisión da cultura. O tempo no que os mosteiros se traballaba facendo copias das obras literarias, ilustrando primorosamente aquelas xoias que logo contribuirían á difusión da cultura en ambientes tan reducidos como as “tiradas” e as condicións sociais permitían. A Igrexa gardou para a posteridade as ideas e os obxectos que acreditaban un esplendor perdido para cando fose posible recuperalo.

Non estamos agora en tempos escuros, que as técnicas modenas permiten iluminar todos os espazos, pero precisamente por esa luminosidade, as aldeas abandonase mentras a poboación busca nas cidades ós deuses dos tempos modernos. De novo a Igrexa vai ter algo que dicir.

Porque as pequenas aldeas quedan baleiras, e as xoias que existen (imaxes, ornamentos, elementos...) dentro das pequenas igrexas rurais deben ser conservadas para un futuro no que quizais cambien as circunstancias e poidamos volver a menospreciar a corte e loubar as aldeas coma o clásico.

A Diocese de Lugo ten o proxecto de crear unha rede de museos que acubillen o rico patrimonio artístico que vai quedando abandoado segundo se van despoboando os pobos do rural. E así de xeito comarcal ou zonal iranse xuntando elementos que están quedando totalmente desprotexidos na medida en que as aldeas se quedan sen xente, os vellos van morrendo, e os novos trasládanse ás vilas e capitais para vivir unha vida totalmente diferente á dos seus devanceiros, lonxe dun rural que aprenderon a despreciar.

No momento en que todos se van, queda a igresa parroquial. Velaquí a responsabilidade da Igrexa de gardar memoria: Desde os libros parroquiais ata as cruces procesionais pasando polos ornamentos relixiosos e as imaxes, que non poden quedar abandoadas ou expostas á rapiña dos que poden aparecer en calquera momento. De novo a Igrexa, para gardar memoria. Agardando novos tempos en que alguén poida facer loubanza da ”descansada vida” do que fuxe do ruído mundanal.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES