Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iago Santalla

Xiz, Xulio - miércoles, 20 de mayo de 2026
Iago Santalla, de Vilaxuste-Portomarin, compareceu recentemente nunha comisión do Senado para falar de diversidade funcional.

Para os que o coñecemos e queremos, foi emocionante ver a Iago, de corpo mancado e espíritu vibrante, expoñer aos senadores, coa súa voz quebrada pero coa seguridade que da a razón, a realidade da súa aldea, na que o apelido non é o máis importante, senón a casa de onde un procede; a unidade familiar que o é todo no noso rural, e na que Iago certificou que sempre estivo plenamente incluìdo.

Para quen del no saiba, digo que Iago, feble de corpo, de intelixencia privilexiada, é doutor en Humanidades e practica con plena consciencia e potencia a sua teorìa do "ilímite", que proclama que toda persoa non ten máis límite ca o que el mesmo se plantea, e el non ten máis limites ca os físicos que lle marca a silla de rodas desde a que goberna a súa vida, e desde a que co exemplo alenta a moitos que nos proclamamos devotos do seu estar e ser.

Que fermosura escoitarlle contar aos senadores como a súa familia o fixo ser normal desde o primeiro momento da vida; de como o seu avó Antonio lle construiu un artiluxio para naturalizar o feito de xogar ao tute.

Falou de que no noso rural non hai servizos porque non hai xente; e non hai xente porque non hai servizos; de que facer máis habitable o rural xenera máis igualdade; que para ter un rural vivo hai que investir nel aínda que sexa deficitario. Os senadores, alucinados, só puideron aplaudir.

E os que o vimos en diferido, emocionados polo ilimite do amigo, rendímonos á súa superación, o seu exemplo e as súas altas capacidades para sentir, comunicar e convencer.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES