Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (3)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 02 de junio de 2026
4. ¿E hai relación entre o Entroido e a morte?
O tempo de Entroido representa a loita entre Don Carnal e Dona Coresna, reflectida - segundo termos nietzcheanos- pola relación existente entre dos deuses da Grecia antigua, Apolo e Dionisios. Así, o dionisiaco simbolizaba a desorde pública, o instintivo, a vitalidade sen freo, a farra, a irracionalidade. Pola contra, o apolíneo, representaba todo o contrario, é decir, a racionalidade, a orde social, a ponderación, o esforzo continuo. En consecuencia, hai unha tensión dialéctica entre o apolíneo e o dionisiaco, que se vai resolver no tempo do Entroido co triunfo do dionisiaco. E decir o Entroido é un tempo de alegría, de diversión, de exceso na comida e na bebida. Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (3) Nesta etapa estamos ritualizando o lado oscuro e funesto do ser humano. A súa animalidade, as súas maís baixas paixóns, os seus excesos na comida e na bebida. Ademaís, esta etapa provoca un desafogo psicolóxico no sentido de que se trata dun festexo catártico e liberador das tensión acumuladas ao longo do ano.

O Entroido precisa a entronización dun rei ou un deus burlesco ao que se lle rinde pleitesía durante o seu breve mandato. No obstante, no remate da festa vai sucumbir, case sempre no lume, como "chivo expiatorio" non son de todos os vicios e o desenfreo pasional, que afloraron durante a festa, senón tamén de todos os actos funestos e perversos ocasionados polas institucións ou polo comportamento social dalgunhas persoas . Nalgúns lugares esta figura recibe os nomes de "Meco", como no "Val de Franco" (Castro de Rei-Lugo); noutros, "Entrudio" e "Lardeiro; ademaís, xa hai apelativos locais máis específicos, como "Mikaela" (Buño- A Coruña); "Felipe" ( A Pobra do Caramiñal- A Coruña); "Facundo" (Muros- A Coruña) etc.. Nestes casos, adoita queimarse o martes de Entroido ao anoitecer, agás nalgúns lugares. E o caso de Ribadeo (Lugo) onde o sábado anterior ao "domingo de piñata", queimase un Entroido de grandes dimensión.

Na cidade de Lugo e noutras vilas lucenses como Burela, Monforte, Vilalba, Viveiro, Valadouro, hai o costume de realizar o "Enterro da Sardiña", que percorre varias rúas da vila ata o seu tramo final, onde un boneco, que simboliza a unha sardiña e que vai nun cadaleito, é queimado públicamente nun lugar da praza, logo de ter lugar o xuizo correspondente. A queima realízase en Burela, Valadouro e Vilalba. En Lugo realízase dun xeito simbólico. Pola contra en Monforte de Lemos a sardiña tirase ao río Cabe. O Enterro trata de ser unha imitación burlesca e cómica dun cortexo fúnebre. Celébrase o mércores de cinza, que dende unha óptica relixiosa e o primeiro día da Coresma nos calendarios litúrxicos anglicano, católico e protestante. Dende esta perspectiva, é un periodo de austeridade e tranquilidade. É unha maneira axeitada de comportarse tendo en conta que ao remate da Coresma celébrase a morte e a resurrección de Xesucristo. Dun xeito xeral, o enterro e queima da Sardiña simboliza, usando termos nietzscheanos, ó tránsito do dionisiaco ao apolíneo. O dionisiaco, como vimos, correspondería ao periodo festivo do Entroido, caracterizase como o mundo da vontade insconscente; o desenfreo vital; a liberación dos instintos e pasións humanas; o caos; a desorde; a irracionalidade; o descontrol sexual... Nesta etapa festiva era e segue sendo moi normal que ás persoas lles suscite risa determinados actos, que se realizan durante este periodo, pola inversión de situacións e polas parodias de diferentes feitos da vida real.. Agora ben, estes trazos definitorios do "estado dionisiaco" estanos ensinando por via indirecta, que se o exceso na comida, na bebida, e nos praceres carnais fosen continuos seriamos incapaces de vivir desta maneira, o mundo non se sostería. Unha das función do Entroido é a de socializar ás novas xeracións, na idea de que para a vida en comunidade, a orde social e a convivencia son mellores que a desorde e a intolerancia. Polo tanto, cómpre deixar o dionisicaco e incorporarse ó apolíneo, e dicir ao "statu quo" de sempre; á vida cotiá, que encarna a realidade da representación conscente; á orde; ao control social; á racionalidade; á virtude... Pois ben, este tránsito vaise levar a cabo por medio da queima do boneco da sardiña, xa que o lume é un símbolo ambivante en canto que propicia a morte mais tamén unha rexeneración, unha renovación. Agora ben, a realidade actual foise convertido co paso dos anos en moi impersoal, deshumanizante, cunha perda de valores moi siñificativa, na que cada vez máis hai unha carencia de criticismo, para ir aceptando en contraposición o "políticamente correcto", seguindo o dito ¿Onde vas Vicente, onde vai a xente?. Polo tanto, cada vez faise máis complexo e dificil poder acceder na súa operatividade aos conceptos de "existencia auténtica", que preconizaban os filósofos existencialistas ou mesmo acadar "o proxecto vital" de Ortega e Gasset ¿Que pensan vostedes?.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES