Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'O silencio dos cordeiros'

Pinto Antón, J.A. - viernes, 29 de mayo de 2026
Recordamos a multipremiada película, "El silencio de los corderos", 1991. O título leva, da pantalla ás realidades, a outros silencios. Os de tantas vítimas infantís ofrendadas no altar das guerras dos adultos. O silencio dos cordeiros condenados ao sacrificio. O silencio dos inocentes que non comprenden a dor á que son condenados.

Rememorando sacrificios recentes topamos coa guerra trampulleira e a pobreza que sentenciaron en Irak a miles de seres humanos. O período de embargo tras a invasión de Kuwait durou de 1990 a 2003 e levou á morte a ducias de miles de años humanos.
O informe da FAO falou de 560.000 vítimas. O colocou, según Unicef, a 1,8 millóns de menores en risco de morte por fame. No listado interminable, Ucraína. Fálase dunha xeración coa infancia roubada. Beos infantís inaudibles dos que perderon o pai. Hai 6,8 millóns de refuxiados ucraínos no mundo con ampla porcentaxe de años: un terzo de menores desprazado. Esta, como todas as guerras, é letal para destruír a esperanza de futuro. Sen esquecer que a infancia é sobre todo presente. Tres anos de guerra en Sudán: 150.000 mortos, 14 millóns de desprazados, 34 millóns sen axuda humanitaria. Cifras tan grandes impiden escoitar os beos dos nenos.

E Gaza. Semella un xigantesco curral, cheo de beos dentro e silencios fóra. 2,2 millóns de gazatís coa espada de Damocles de seren botados da terra. 72.000 perderon a vida, deles 20.000 nenos. Sempre na memoria os 1200 israelís asasinados por Hamás e centos de reféns, tamén nenos. A crítica da comunidade internacional non pode esquecer o terrible sacrificio da Shoá no nazismo. Cordeiros inocentes. Hoxe na Franxa, pendentes de expulsión a ningures, malviven en condicións inimaxinables. O silencio dos cordeiros non conmove nin frea ás partes en conflito, sobre todo á maquinaria bélica israelí. En guerra contra Siria, Gaza, agora Líbano. E contra Irán onde os años humanos soportan dentro aos seus vitimarios. O premier israelí en primeiro lugar, tamén os líderes de Hamás e Hezbolá, cargan sobre a conciencia un historial de destrución e morte. A maldición bíblica do ollo por ollo deixa a todos cegos e o ruído das armas silencia os beos dos cordeiros. Non hai guerras xustas desde os ollos dos nenos. Só años condenados a morrer en silencio, sacrificados polo odio, a ansia de poder e a cobiza dos señores da guerra. Ata o papa León denuncia que 'o mundo está a ser devastado por uns poucos tiranos'.

A cegueira diante da barbarie e do espanto non pode borrar a nosa imaxe no espello. Mais, o deber moral da Humanidade, da ONU é abrir ollos e oídos. Para escoitar o silencio dos inocentes que tamén loitan e alzan a voz. Para ver os rostros humanos da crueldade. Para abrir os ollos, xordos ao silencio dos cordeiros.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES