Facendo país
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 21 de mayo de 2026
Desde que somos concebidos no ventre da nosa nai xa empezamos a facer país, aínda que sexa de maneira inconsciente, pois xa hai moitas persoas pendientes de nós.
Coa chegada a esta vida, saímos á luz do día e xa formamos parte dunha comunidade máis grande: a familia, os veciños, os amigos...
Pouco a pouco ímonos incorprando na vida social con intensidade progresiva:
-NAS GARDERÍAS
Hoxe en día as criaturas entran na vida social moi cedo, sendo bebés.
A incorporación da muller ó mundo laboral así o esixe.
Nos xadíns de infancia xa estamos supeditados a unhas normas e a uns horarios.
-NA ESCOLA INFANTIL
O nivel de esixencia xa vai aumentando paulainamente: aprender a vestirse, a calzarse, a gardar unhas normas na clase...
-NA PRIMARIA
Aquí xa vai a cousa en serio: lectura, escritura, cálculo...
-NA SECUNDARIA:
A cousa ponse cada vez máis rigurosa: estudio, deberes, actividades extraescolares, responsabilidades varias...
-F.P. OU BACHARELATO
Unha de dúas: ou optas por un oficio ou por unha carreira.
Para un oficio co que te defenderás moi ben hoxe en día: bastan catro anos de formación académica: primeiro e segundo ciclo.
E se cambias de idea, podes entrar na universidade previa proba de acceso.
Se optas por facer unha carreira, antes debes superar dous anos de bacharelato e despois: acceso á universidade, catro cursos para grao, un máis para licenciado, outro para doctorado e sempre, sempre formación de reciclaxe para poñerte ó día.
-VIDA ADULTA:
Na que recae, principalmente, o peso do colectivo humano.
Toca:
*Gañarse o pan coa suor da propia fronte cun traballo manual ou intelectual, facer horas extras, a veces gardas eternas, outras soportar sol, calor, frío, outras queimarte a cellas diante dun ordenador...
*Loitar contra vento e marea coas adversidades de vida: convivencia, economía, os novos que se nos escapan das mans, os avós que necesitan dos nosos coidados, a saúde que xa empeza a dar problemas, a perda dun parente ou achegado que nos deixa destrozados...
*Tamén se disfruta vendo como o traballo dá os seus froitos, os descendentes collen bo camiño, como a nosa familia disfruta de boa saúde económica, afectiva, moral e social.
*A chegada dos netos renova os ánimos e o sangue: son unha bendición caída do ceo, a prolongación da familia, un renacemento, a inocencia, a bondande, a inxenuidade, a esperanza personificada.
*Participación na vida social e política co que eso significa...
-VIDA SENIL
As follas do calendario pasan, os anos bótanse encima, os achaques propios da idade aparecen, o ciclo da vida terrena vaise pechando; pero aínda queda moito que facer e moito que aportar:
*Coidar da nosa presenza física levando una vida o máis activa posible: arreglo persoal, baile, ximnasia, ioga, tai chi, pilates...
*Coidar a nosa mente con formación apropiada ás nosas circunstancias: lecturas, cursos para Séniors, asociación que nos apoien, talleres de risoterapia, memoria, etc.
*Coidar a nosa vida espiritual e relixiosa e, se somos practicantes, asistencia ós actos relixiosos, oración diaria e vida exemplar.
*Asesorar con tacto e prudencia á xente nova tendo en conta que os tempos cambian a un ritmo vertixinoso.
"Conservar o valores de sempre sobre os que se asenta a nosa civilización: lingua, costumes, tradicións...
*Posta ó día na medida do posible.
*Levar con pacienca os achaques propios da idade sen demasiadas queixas.
*Sobre todo: saber estar.
GRAZAS A DEUS: IMOS INDO
Aportando o mellor do nós, imos facendo país e facilitando o nivel de progreso e benestar propio das persoas que nos rodean.
Necesitamos a colaboración de todos: todos somos importantes, todos nos necesitamos para medrar como persoas para que a evolución humana siga o camiño que lle corresponde que consiste en construír un mundo fraternal ó que estamos chamados.
Dun xeito ou doutro: todos imos facendo país.
"RESPONSABILIDADES GRANDES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes