Noite mansa, dorme un neno
Cabada Castro, Manuel - jueves, 21 de mayo de 2026
Noite mansa, dorme un neno
dos ceos caído á terra
dende o carro das estrelas
ben chamado Setestrelo.
Tanto enriba coma abaixo
todos somos arrieiros,
fales ti éuscaro ou galego:
neno, apréndeos, que é doado!
Galego aprendín nun berce
entre soños e cantares.
Só pido que non te enfades.
Fala ti como che pete!
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora