Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Letras Galegas 2026

Dopico Vale y Piñeiro, Julia Mª - miércoles, 20 de mayo de 2026
Eu ben vin estar o moucho/ Enriba d'aquel penedo/ ¡Non che teño medo, moucho,/ Moucho non che teño medo! -Siempre Rosalía-.

Reconquistar o Día das Letras en Galicia foi unha ardua tarefa que se institucionaizou no ano 1963 grazas á proposta histórica presentada por tres académicos: Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román; declarándose o 17 de Maio como o día oficial da celebración coincidindo exactamente co centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra que marca o Rexurdimento da literatura galega contemporánea.

Rosalía é a trascendencia das fronteiras, a voz universal galega do Romanticismo, a defensora da muller e a que expresa o fondo sentir do pobo e a fala deste antiguo territorio que un día se chamou Kallaikoi e despois Gallaecia, aínda que as primeiras evidencias territoriais remóntanse ao Paleolítico inferior e a sua fala ás linguas indouropeas "indíxenas" mezcladas co latín vulgar nunha feliz e inconsciente filantropía que nos trae a lírica galaicoportuguesa, a expresión propia e única que nasce na rexión noroccidental da Península xunto a Portugal e baixo o impacto da Provenza Francesa. Cantigas frolescidas no medioevo nas expresións sublimadas das voces poéticas, incluida a do Rey Sabio, que cantou a Santa María, sí, e tamén a María a Balteira, que non era santa, pero era libre.

Rey de Castela e León que consolidou o castelán como lingua oficial (¿) nunha tarefa continuada con Isabel e Fernando- tanta monta, monta tanto-, perfilándose así os Seculos Oscuros hasta o Rexurdimento - Rosalía, Curros e Pondal- no S. XIX e prorrogándose con Franco hasta que o Estatuto de Autonomía en 1981 reconocea como lingua cooficial.

Largo tempo de sombra- e non e igual ver que estar cego-que ven a rematar co faro luminoso que alumea este día que se nomea sin os Benditos rumorosos na costa verdescente, proclamándose a tódolos ventos que a Galiça é terra de poetas- Vincit Omnia veritas, truth prevails, la veritá supera ogni cosa, Egiak dena ahal du, Letras Galegas 2026 a verdade tudo pode, Al-hag ya'lu fawq kol shay', chen lichan scheng i chie, die wahrheit siegt imner, cheqagmi tukuyta atin...

- Poetas "que sean todos los pueblos y todos los huertos nuestros"...

Dúceas de autores- individuias e colectivos- foron e seguen sendo homenaxeados este día sin que en ningún recuncho de Galicia prenda esta luminaria, este facho, este faro rutilante guiando coma a Rosa dos Ventos a ruta dos que navegan.

O Consello da Cultura Galega ofrece un evento central co Concerto das Letras Galegas que se celebra o sábado día 16 no Auditorio Mar de Vigo no que a cantante Uxía interpreta pezas inspiradas nos textos da homenaxeada este ano, Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Compostela 2014) xunto a outras do seu cd Indómitas entre outras cousas.

Mais... eu penso que neste Día das Nosas Letras, todo-los actos, poemas ou cancións en toda-las vilas, pobos ou cidades da Galiza e fora dela merecen honras, aplauso, consideración e relevancia.

Bandeira branca e azul. Bandeira de Mar e Ceo.
Dopico Vale y Piñeiro, Julia Mª
Dopico Vale y Piñeiro, Julia Mª


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES