Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Sintiendo a Federico'

Rubia, Xoan - jueves, 21 de mayo de 2026
É o título do compendio xornalístico convertido en libro que fai Jesús Vivanco sobre retallos da azarosa e curta vida do que quizais foi un dos persoeiros máis grandes das letras españolas: Federico Garcia Lorca.

Jesús Vivanco dedicou case tres anos en recompilar o que, dun ou doutro xeito, 'Sintiendo a Federico' estaba dito sobre o excelso poeta, e cun esmerado coidado foi unindo as pezas para completar este espléndido puzle que é "Sintiendo a Federico", un libro que resulta un perfecto manual para aqueles que desexen ter nun volume dunhas trescentas páxinas os avatares e devires do que foi sen dúbida un creador excelso, vítima da sen razón.

Suso Vivanco métese sempre de cheo naquilo que o motiva, e neste caso a figura de Federico Garcia Lorca foi suficiente razón para que se mergullara, coa metodoloxía dun xornalista afeito, en todo aquilo que uns e outros foron achegando respecto as vicisitudes deste senlleiro poeta e dramaturgo. É un pracer ler este traballo pola sinxeleza e a concreción con que está escrito, porque o lector ou lectora que accede a el agradece a naturalidade da linguaxe e a claridade da exposición. O autor, segundo el mesmo manifesta, atopou relatos fragmentados, dispersos e mesmo algúns contraditorios e tamén interesados. Colleu eses recortes e tratou con esmero de avaiñalos como aquel que tece unha manta de varios cores. O resultado resulta magnifico: non estamos diante dun libro que hai que ler seguindo a orde dos capítulos, non. Un pode estar con Lorca en New York e de súpeto saltar as viaxes que fixo por Galicia, aos seus poemas en galego, peregrinar coa Barraca, á estadía na Residencia de Estudantes, á relación coa familia, etc. Ao ter o libro nas mans un pode considerar e decidir por "onde tirar", elixir o camiño sen un orde preestablecido porque este traballo non ten un fío argumental que haxa que seguir. É relato xornalístico, anacos dunha vida en "presto vivace".

Mágoa que sexa unha auto-edición de tirada limitada, pero iso ao autor non lle preocupa, chégalle con estar satisfeito con sigo mesmo, con iso abonda. Eu non perdo a esperanza dunha edición máis grande. Xa veremos.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES