Na Ascensión de Xesús, meditación e oración
Miguélez, Xosé Antón - domingo, 17 de mayo de 2026
DOMINGO DA ASCENSIÓN : Feit 1,1-11.- Sal 46.- Ef 17,23.- Mt 28,16-20
Xesús foi levado ao ceo ( Feit 1,1.2)
Seredes as miñas testemuñas ata os confíns da terra ( Feit 1,8)
Sometéullo todo baixo os seus pés ( Ef 1,22)
+Facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo ( Mt 28,19)
NA ASCENSIÓN DE XESÚS: MEDITACIÓN E ORACIÓN
1. "Xesús foi levado ao ceo"
dinos o libro dos Feitos,
e ese anuncio é un evanxeo
que non fala dun portento,
senón de Deus e o seu Reino.
2. De Deus dinos ben ás claras,
que o seu ser se iluminaba,
nos feitos e nas palabras,
de Xesús, cheo de graza,
e ambos se nos revelaban.
3. Do Reino amosa gozoso,
que non é un soño ocioso:
é un alento bondadoso,
que Xesús levou ao colmo,
na fe e no amor piadoso.
4. Non foi glorioso Mesías
que amañase a golpe un día
os soños que o pobo ansía:
mais connosco el camiña
e connosco se culmina.
5. Foi Mesías, inda o é,
Señor e obreiro de a pé,
en amosarnos con Deus
que nunca perde poder,
nin o ben nin o amor seu.
6. E dinos con fe moi certa,
que non hai forza que veña,
que poida privar da eterna
e vencedora presencia,
de Cristo á nosa beira.
7. Coa fe chama a bautizarnos,
no Santo Alento bañarnos,
e a ser con Deus máis humanos
en tódolos nosos tratos:
¡xusto o que máis precisamos!
8. Con el fainos testemuñas
ao vermos con luz profunda,
que en Deus vive e nos axuda,
e acollendo esa conducta
líbranos das amarguras.
9. Deus nos conceda no amor
a máis perfecta visión:
non vos hai mellor Pastor,
que Xesús o Servidor,
con Deus, e nós, Salvador.
10. Grazas noso Deus querido
por darnos a Xesús Cristo.
Que andemos o seu camiño
cara o alto, abaixo indo,
co santo Alento servindo.
Apertas de domingo!

Miguélez, Xosé Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora