
O que mellor fixemos naqueles anos foi..., ¡aprender a traballar!
-.-
Catro espellos daquela época, catro rapaces coñecidos meus.
A un deles xa o presentei, ¡eu mesmo! Recén cumpridos os 18, soldadiño. ¿Voluntario?
¡Así nos dicían, pero eu téñome por forzoso pois a miseria, coas enfermidades e mailas persecucións, obrigáronme a firmar por 3 anos, ¡para irme a Madrid, para facerme Bachiller por libre! Pero como é máis acuciante comer que soñar, do Bacharelato só fixen un curso pois urxíame máis asistir pola noite ao Centro de Estudios Mercantiles y Económicos, na calle da Bola, ao ladiño mesmo do Centro Galego, onde a bendita Acción Católica me concedeu unha beca, coa que preparei as oposicións do Banco Exterior de España.
¡Aquela si que foi unha Acción Católica, pois, cuns parentes, que tamén me acolleron, subíronme á gloria: Pasei do arado e do ripeiro ao BEE!
Os chanzos da miña escaleira:
1º. Segunda Cia. de Destinos do Ministerio do Ejército
2º. Patio del Consejo Supremo de Justicia Militar. Inesquecible: ¡Máis generales que mecanógrafos! Calle Fortuny núm. 4
3º. O primeiro día, na prineira mesa, no BEE, encargado do libro rexistro do Persoal.
-.-
Outro galego na emigración. En Ifni.
Procedente de Nogueira de Ramuín (Ourense).

Chegou dándolle á roda, e cuns francos franceses no peto, que os gañara afiándolles aos francos, de casa en casa. Ben quixera aforralos pero..., ¡tiña que comer! Gañei a súa confianza, e inviteino ao xantar, no Club (Casa de España).
Tantas peripecias me contou das súas andanzas, que se daquela teivésemos unha gravadora..., daríame para facer un libro meirande que El Quijote!
-.-
O polense, que se cansou de arar en Cirio, e foi garda-las vacas a Holanda.
Atopámolo...; non, mellor dito, atopounos el a nós, en París, que nos coñeceu precissamente no intre en que eu aparcaba o meu Hillman Minx.
-¡Que sorpresa, precisamente onde aínda non atopei a ninguén da nosa terra!
-E logo, que fas aquí? Oíramos dicir que estabas en Holanda.
-De Holanda veño, que alí gañei uns cantos floríns, pero poucos, e para non gastalos no avión, viñen andando, ata aquí, que volvo para Lugo..., onde penso arranxar a casiña de meus pais!
-E..., quédache algo que facer en París, pois nós regresamos esta tarde, e tés sitio neste coche...
¡Outra historia, outro libro, que me fixo recorda-lo afiador de Ifni! Algo se leva escrito acerca dos nosos emigrantes, pero máis ben pouco..., porque as súas vivencias, mellor dito, as súas calamidades, foron infinitas!
-.- Gómez Vilabella, Xosé M.