Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Espellos (11)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 29 de mayo de 2026
Os Espellos (11)
Para salvar ao Neno Xesús fuxiron para Exipto...

... ¿e nos, con tantos Herodes que temos agora, que facemos para protexer as nosas criaturas: vacinas con oportunidade, a tempo; consultas médicas; alimentación nutritiva; adestramento físico; illación desta epidemia da drogadicción; vocabulario obsceno; etc., etc.?
Os pais que non compren cos seus deberes son..., outros Herodes!

-.-

A pobreza infantil
Deus fainos ricos, ricuras, pero, ¡tamén El!, para ensinarnos a ser humildes, de cando en vez ponnos o barrelo nun presebe; algúns, cunha vaquiña, e outros sen ela, pero todos coa mula, co vecindario, dispostos a comernos as pallas, a deixarnos en coiros.
Mirade se é importante, transcendente, que o tipo do entorno no que viven, ¡no que vivimos!, nenos, nenas, pero tamén adolescentes, é, foi, fundamental, para o noso desenrolo, para o noso benestar subseguinte. De propósito, aquela guerra, a incivil, que lle chamaría civil se tivese un mínimo de civilizada, ¡impropia do XX, impropia dun país, dunha nación, que viña presumido das súas civilizacións transoceánicas!, non só tivo mortes a balazos, senón, e tamén, aínda que máis invisibles, de retrocesos letais. Un esbozo dela:
Nas cidades, residencia que se supoñía riqueza dos máis ricos, aínda que se tivesen pesetiñas, das de daquela, que incluso quedaba algo de prata, tendas e mercados había, a barullo, pero, ¡silandeiras! ¿Por que? Direino, que diso pouco se dixo, e por escrito menos aínda: Os xateiros da camisa azul, sempre escoltados, ¡pois ata os matóns son medosos!, ían ás feiras, e..., requisaban! Dicían que era para soste-lo Exército...; xa, pero eu sei dalgún xateiro daqueles que ben se fartou de mercar casas e solares..., coa mellor carne, coa que mataban, e vendían, eles mesmos. Lembrade que o propio Don Francisco, nunha arenga das súas, sempre improvisadas, e sempre grandilocuentes, aí en Lugo, afirmou que, "La nuestra fue una guerra...". Copio:
Ricos por la guerra de España. El enriquecimiento de la oligarquía franquista desde 1936 hasta la transición. Autor: Mariano Sánchez Soler. En "Raíces". Ano da publicación: 2007. Resumen
«Nuestra Cruzada es la única lucha en la que los ricos que fueron a la guerra salieron más ricos», dijo Francisco Franco, durante un discurso en Lugo, el 21 de agosto de 1942. La historia de España durante el siglo XX es también la historia de un enriquecimiento perpetrado en condiciones excepcionales. A partir de la Guerra Civil de 1936, nació una clase dirigente que unió su destino al del franquismo y supo transitar con soltura desde los consejos de ministros a los consejos de administración, en un viaje de ida y vuelta donde lo público y lo privado respondían a sus intereses particulares. Durante casi medio siglo, esa clase social "franquista" logró beneficios asombrosos realizando sus negocios bajo el proteccionismo del poder. En tales condiciones, corrupción y desarrollo fueron los rasgos de un mismo proceso en el que se forjaron grandes fortunas y se consolidó el capitalismo español.
Hoy, los miembros de esa clase social se cuentan entre las familias más ricas de la España del siglo XXI, millonarios emergentes con apellidos tan sonoros como Serrano Suñer, Girón, Cortina, Alcocer, Letona, Carceller, Barrera de Irimo, Calviño, Fontana Codina, García Ramal... Fueron las "familias" de un régimen político poblado por empresarios de fortuna, falangistas de clase media, funcionarios oportunistas, latifundistas de gatillo fácil, nobles industriosos, altos cargos a la búsqueda de multinacionales, ministros cinegéticos… todos unidos a la caza del Dinero, entrenados en la autarquía de la posguerra para enriquecerse con el desarrollismo a partir de 1939".
Entre a fame e o medo, os cativos daquela época criáronse, criámonos..., iso, en silencio, pero chorando, e con fame! Os productos da terra, o dito, "requisas"; os vellos, derrengados e sufrindo polas ausencias e/ou desaparicións dos seus enxendros; as noras, ademais da casa e das crianzas, arando. ¿E os nenos? ¡Menos mal que os nenos aínda non leran a Curros Enríquez, aquel que dixo: "Deus, tras tomar a decisión de observar o mundo tratando de encontrar a razón de que entren poucas almas no Ceo:

"Viu deitarse méndegos
que se erguen marqueses;
tal clas de escrituras
firmar indixentes
que ó cabo dun ano
non teñen albergue;
soldados covardes
chegar a ser xefes,
e morrer sin groria
os máis grandes héroes;
pasar por honrados
os que honra non teñen,
por santos os pillos,
por xustos os debles;
subir ós altares
os que á forca deben,
i arrastrar carroza
quen debe un grillete;
chegar a poderosos
venteiros de aceite,
e comprar o ceo
prestando a intereses.
Vendo esto, Dios dixo
contra o seu chaleque:
-Si che outra vin nunca,
que o demo me leve
Con noxo deixando
tantas cativeces,
inda noutras cousas
parou Dios as mentes.
Viu malos gobernos
que falsos i aleves
co xugo dos pobos
engordan e crecen;
cregos que feroces
como cans doentes
cun fusil ao lombo
predican aos fieles;
ricos que roubando,
as gabetas enchen;
(...)
I en fin, cantas cousas
que non deben verse,
que Dios, arripiado,
i as cruces facéndose
coñecida a causa
de que o inferno medre,
meteuse na groria
decindo entre dentes.
-Si eu fixen tal mundo
que o demo me leve".

A Dicta-dura non a levou o demo, pois durou 40 anos, así que os nenos de daquela, ao non ver outra cousa..., fixémonos franquistas!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES