Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O deseño gráfico e a publicidade: ¿Conxugación do arte ou cómplice do mercantilismo?

jueves, 26 de noviembre de 2009
Unha mirada e de repente só impera o silencio. A túa mente deixa practicamente “de funcionar” para concentrarse nesa diva que é a obra de alguén descoñecido, desa “mente creativa” que comparte contigo a curiosidade da creación xunto a máxima creatividade. E ¡Bingo! Se logrou captar a túa atención tan rapidamente e facer que te abstraeras de todo e non pensaras absolutamente en nada máis, cumpriu sen dúbida a súa función e funciona. Porque o creamos ou non, agora existe moita información, todo tipo de impresos, as imáxenes abórdannos constantemente… e realmente, de miles e miles de deseños que remóvense nas axencias publicitarias só centos son totalmente perfectos. Conmovedores, estéticos, ordenados, concienciados, sostibles á par que orixinais e únicos nesta nova era. ¿Existen fórmulas perfectas para un deseño impoluto?

No comezo da Bauhaus moitos dos alumnos e docentes eran artistas, escritores, poetas e incluso creadores á par que dedicábanse ao deseño ou a arquitectura, etc... No Pop Art, un movemento artístico que naceu a comezos da década de 1960, primeiro en Gran Bretaña e despois en Estados Unidos, distinguíase do expresionismo abstracto, xa que era o primeiro movemento artístico que, para paliar o aloxamento da realidade social do arte da época, utilizaba técnicas tomadas do marketing e da publicidade para ofrecer un arte directo no que case sempre represéntanse obxectos cotiás e comerciais. Así o autorretrato afirmábase como un arte en dúas dimensións no que se neutralizábase a intensidade da mirada, como pode apreciarse no autorretrato do pintor inglés Peter Blake. Ademais destacaba a utilización de materiais como o poliéster, a goma espuma e a pintura acrílica coa persecución dun obxectivo que era nada máis e menos que eliminar as distancias entre arte e vida. Descontextualización, incongruencia, provocación e bo humor. ¿Casualidade que estes cualificativos que se lle asignan ao movemento pop-art sexan tamén asimilables ao que debería se-la publicidade? Así encontramos un novo vínculo, que afirma que o deseño tamén é arte.

Actualmente mentres uns deseñadores apóianse no movemento de arte unido ao deseño outros néganse a ver novas vertentes, quizais acomódanse, nun modo de creación no que practicamente o orixinal queda posicionado como un cero a esquerda e ven o deseño como un obxecto de venta, un número, unha marioneta que pódese balancearse ao son do mero feito de cumprir.

¿E non estaría na nosa man tamén, o emocionar? ¿O facer soñar, crear mundos paralelos realmente seductores e potentes a par que funcionais e que se poidan publicitar? ¿No deseño realmente o arte pode voar libre, sen restriccións, ou inda fréannos moitas cousas?
Pérez Cerviño, Ana
Pérez Cerviño, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES