Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os espellos (8)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 26 de mayo de 2026
Abundando

Nas sabias e prudentes recomendacións da célebre Montessori:
O seu "credo" con respecto aos cativos na formación preescolar definíao así: "Ninguén pode ser libre a menos de que sexa independente; por iso, as primeiras manifestacións activas da liberdade individual dos nenos deben ser guiadas, orientadas, de tal maneira que, ao traveso desa actividade o neno poda estar en condicións, preparándose, para chegar á súa (que sempre será relativa) independencia.

De nós, dos seus coidadores, depende a formación do seu auto-aprendizaxe, e por ende, do seu desenrolo físico e mental. Criándose nun ambiente axeitado, desenrólanse e perfecciónanse aqueles aspectos sociais, emocionais e intelectuais que se correspondan ás súas necesidades de orde (ser ordenado nas súas cousas) e de seguridade (librarse de temeridades).

O rol do adulto, -na filosofía Montessori-, consiste en guiar ao neno ensinándolle a conducirse, a comportarse, dándolle a coñecer, explicándolle, tódalas cousas dun xeito respectuoso, pero cariñoso; ensinándolle a ser un observador consciente, e a estar en continuo aprendizaxe, no seu desenrolo persoal. O verdadeiro educador ten que ser, esforzarse por ser, se xa non o é de seu natural, de carácter humilde, para camiñar xunto ao neno, sincronizado co neno, que así aprenderán, ¡ambos!, a formar unha comunidade de intereses".

Consideraba a Montessori que non se podían criar, improvisar, pretender, xenios, pero si darlle a cada individuo a oportunidade de satisfacer as súas potencialidades, para que sexa, e se comporte, como un ser humano independente, seguro e equilibrado. Outro dos seus conceptos innovadores foi que cada neno/a marca o seu propio paso ou velocidade para aprender, e que eses tempos, ese ritmo, hai que respectárllelos.

O seu "talismán" era captar a curiosidade dos nenos, e con iso guialos no seu desexo natural de aprender. Sostiña, e practicaba no posible, o ensino de forma individual, ¡á medida de cada educando! A idea xeral nos seus métodos era que ás criaturas hai que transmitirlles o sentimento de que son capaces de actuar sen depender constantemente do adulto, para que, co tempo, sexan curiosos e creativos, motu proprio, séxase, que aprendan a pensar, a cavilar, por si mesmos, para afianzar a súa personalidade.

-.-

As interaccións familiares. Pros e contras.

Os bebés son tan sensibles que "detectan o paso dunha mosca". E algo desa potencia, desa atención potencial, perdúranos de por vida, así que, entre tanto como temos que aprender, para aprender, tamén está o de aprender a comprender as influenzas das actuacións persoais, moi especialmente as da familia íntima.

Os problemas ordinarios: ¡O que estea limpo que tire a primeira pedra! Todos temos pecados, omisións familiares, incluso cando nos parece que acertamos, pois a perfección está nos anxos, e para iso algún deles desertoulle ao seu Creador. A chave das vivencias ben sabemos que, aquí na terra, non está na ausencia nin na presencia dos problemas, que sempre os houbo, desde as cavernas aos rañaceos, e seguiremos téndoos, meirandes ou más pequenos, segundo o modo e os medios cos que os afronte cada familia.

Aquí referireime, e non precisamente para simplificar, ao sobreesforzo e á dedicación que se precisan para cria-los nenos, para adaptarse ás súas etapas evolutivas, ás crisis da súa madurez, ás dificultades de conciliar a vida persoal, familiar e laboral dos proxenitores, á transición nos menores do círculo de primaria a secundaria, etc., e todo iso, en moitos casos, atendéndolles, simultaneamente, aos avós achacosos. Noutras verbas: eses estresores que nos esperan ao longo dos anos, día a día, e por días de vida.

Afrontamento: Trátase de poñer en acción a nosa capacidade resolutiva; facer o diagnóstico das situacións, para acudir de inmediato á medicación que nos recomenden as nosas reflexións. De chegados a este punto, coidado cos aprazamentos parsimoniosos pois na humanidade, como di o refrán, "O que vai tarde, nin oe Misa nin come carne". Pero, a todo isto, prudencia, que prudencia é reflexión, nunca pereza. Por outra parte, a carne é impaciente, require solucións, pois tras das pausas ou molicies poden vir omisións imperdoables, ocasións irrecuperables.

A capacidade de responder aos afrontamentos (non enfrontamentos), despois de ben informados, pode reforzarse con apoio social, ao que acudiremos cando mermen ou se extingan os recursos persoais do individuo. Para merecer as atencións sociais debemos esixirlle á nosa conciencia que, nas épocas de bonanza, non lle regateemos á sociedade as nosas aportacións xenerosas.

Aprender xuntos, medrar en familia: O apoio foráneo defínese como o proceso polo que os recursos sociais, proporcionados polas redes, informal e formal, permiten facer fronte ás necesidades persoais, tanto instrumentais como emocionais, sexa en situacións cotiáns como en momentos de crise. O papel dos proxenitores na aprendizaxe de estratexias de afrontamento por parte dos fillos é crucial.

Os nenos observan como seus pais reaccionan ante os problemas y van modelando a súa conducta seguindo eses patróns. Segundo Gottman e Declaire, os proxenitores son clave no entrenamento emocional dos fillos ao axudarlles a xestionar as súas propias emocións.

Dado o seu papel educativo, sería fundamental, ¡iso dos cursiños prematrimoiais!: entrenar aos pais para que guíen axeitadamente as expresións emocionais dos seus fillos e así favorezan a súa autorregulación.

Segundo Grotberg, a resilencia familiar supón a capacidade dunha familia para recuperarse das circunstancias adversas e saír fortalecidos delas, con recursos meirandes para afrontar outras dificultades da vida.

O xeito en que unha familia enfronte e manexe a experiencia, amortigue o estrés, se organice con eficacia e siga adiante co seu plan de vida influirá na adaptación inmediata Os espellos (8) de tódolos seus integrantes, así como na supervivencia e no benestar da unidade familiar.

Claves asociadas á resilencia familiar: Cohesión familiar; afecto na parella e apoio mutuo na tarefa educativa; valoración e compromiso familiar; pasar tempo xuntos, o máis posible, compartindo actividades; actitude ética ante a vida e educación en valores; manexo positivo do estrés e das crisis; optimismo e visión positiva ante a vida; un sentido de control sobre os acontecementos que lles vaian xurdindo.

En definitiva, que a familia é, debe ser, tería que ser, sempre, un corpo con moitos membros, pero un só corpo nas súas actuacións construtivas, comunitarias. ¡As familias con descontrois e con desavinzas, non son familia; son, simplemente, sociedades en quebra, sociedades a extinguir!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES