Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Espellos (6)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 22 de mayo de 2026
Os Espellos (6)
O hábito non fai ao monxe...

Oínllo a meu pai, que llo dixo nunha misión, en San Cibrao (Montecubeiro), a un franciscano que lle pediu que me deixase ir con el para Herbón, pois, co ben que sabía o catecismo, aquel predicador entendía que eu faría un bo frade.

-Padre, agradézolle a súa oferta, moito, de corazón, pero..., ¡o hábito non fai ao monxe!, e eu estouno educando para que sexa un bo "pater familias", que iso tamén é clerecía. Se algún día deixan casar aos cregos..., daquela, que elixa! Mentres, que predique co exemplo..., que este apostolado, o dos segrares, escasea, aínda máis có seu!
Despois, a soas, meu pai amplioume conceptos:
-Os hábitos, como vestimenta, infunden respecto, e con iso tamén se evitan tentacións, pero os laicos temos que loitar contra os "malos hábitos", contra as costumes licenciosas, que diso están os infernos cheos; e como xa non caben aló, agora loitan contra os frades. ¿Enténdelo? Pois, a dar exemplo, que así tamén ganarás o Ceo, ademais de formar unha familia que amplíe o catolicismo! Os frades predican, pero non teñen fillos; os segrares tamén podemos predicar, co noso exemplo, ademais de xerar, que nos están pasando diante os mouros cos seus haréns, e Deus nos libre de que volvan a ocupar España, que custou oito séculos librarnos das súas influencias nestorianas!
¡Aquí me tedes; a frade non cheguei, pero a predicador exemplar, tampouco!
-.-

O ambiente no que nace e se cría un neno.
Cando non se pode cambiar de aires, de familia, de país..., ¡que se lle vai facer! Pero as responsabilidades paterna/materna están aí, que os fillos non se fan para a feira senón para darlles un porvir, un porvir que en gran medida depende dos proxenitores.
Este precepto vén de lonxe. En Proverbios:
1.- Filliño, escoita a instrución de teu pai, e non refúgue-lo ensino de túa nai.
2.- Meu fillo, se te aprópia-los meus ditos e atesóra-los meus mandatos dando oído á Sabedoría, inclinando o teu ánimo ao discernimento..., entenderás entón o temor do Señor e atoparaste co coñecemento de Deus, pois é o Señor quen dá a sabedoría.
3.- Filliño, non esquéza-lo meu ensino, e garda no ánimo os meus mandatos... Confía no Señor con todo o teu ser e non te apoies na propia intuición.
4.- Escoitade, fillos, a instrución dun pai (¡e tamén a da nai, por suposto!); dade atención para aprender intelixencia... Non collas para o vieiro dos malvados, nin te encamiñes pola xeira dos perversos.
5.- Meu fillo, atende á miña Sabedoría, dá oído ó meu discernimento...
6.- Meu fillo..., ergue e vai cabo da formiga, preguiceiro, considera o seu xeito, e faite sabio...
7.- Meu fillo, atende ás miñas razóns, garda dentro de ti os meus mandatos...
8.- Escoitade, xa que logo, filliños: Felices os que seguen os meus camiños; atendede a instrución e sede sabios, non a refuguedes.
9.- Dálle instrución ó sabio: tornarase máis sabio; informa ó xusto, e acrecentará a súa doutrina.
10.- O fillo sabio alegra a seu pai; pero o fillo necio dá mágoa á súa nai.
¡Deus, que privilexio é ter fillos, educar fillos, pero tamén, á vez, que responsabilidade tan grande! Tivemos en España un xerifalte que dicía, moi oufano, pero tamén moi soberbio, que el, "solo era responsable ante Dios y la Historia". ¡Xa, xa; que presunción! Todos, na medida das nosas posibilidades, somos responsables ante Deus, iso o primeiro, pero, simultaneamente, tamén o somos de que outros, en particular os próximos, non se torzan, non se abatan, non se derroten a si mesmos! O ámbito das responsabilidades é grandísimo, pero no ten que asustarnos se actuamos con corazón, pero tamén con cabeza; o que non queira asumilas que non se case, que garde ovellas, pois ese ganado, de tan submiso que é, dá pouco traballo.
-.-

A escola comeza no barrelo

Os carpinteiros tamén participan nas crianzas
Os Espellos (6) Este está baleiro, en espera, pero os pais, se o compraron, foron previsores, ¡como debe ser!

Esta é a "nana" que lle dediquei á nosa filla, mecéndoa no seu barrelo:
Duerme,
sueña,
linda
nena.
¡Duerme ya!
Preciosa,
cariño;
apaga
tu brillo.
¡Ya!
Duerme,
vida,
prenda
mía.
¡Duerme ya!
Encanto,
lucero;
vuélvete
al Cielo,
ya,
que en la tierra,
dos soles,
nos van a deslumbrar!

Xosé María Gómez Vilabella
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES