¿A toda; ata rebentar a máquina? ¡Coidado, rapaces, que forza-la máquina, competir en exceso, por riba das nosas posibilidades,

físicas e/ou intelectuais ou anímicas, pode ser suicida! Nunca esquecerei aqueles anos dos meus estudios nocturnos, borracho, intoxicado, de "Fósforo Ferrero", co que lles roubaba ¡horas! ás noites para dedicarllas aos meus estudios por libre, compatibilizados coas miñas responsabilidades no BEE. Con aquel ¿purgatorio? fun subindo ao meu nivel actual, pero iso non é recomendable, pois non acabei turulato de milagre, simplemente porque o meu anxo da garda (léase, Estrella Josefina) me foi freando, e así, ao chegar aos 60, o BEE xubiloume, na xornada laboral, e eu autoxubileime na do esforzo intelectual.
Os esforzos esaxerados conducen á loucura, ao suicidio. Vémolo a diario nos dramas ocasionados en probas atléticas desorbitadas, propias de titáns e non de humanos. Daquela, ¿cal é a medida exacta, o rendemento óptimo? Este espello ten un medidor ben axustado: a prudencia!
-.-

"El que a buen árbol se arrima, buena sombra le cobija". ¡Xa; pero iso debe ser en Castilla, pois aquí na nosa Galicia, un día de tormenta, "cobixeime" debaixo deste carballo e resulta que aos poucos medrou a treboada, tanto, que se lle desgaxaron dúas ramas, ¡e menos mal que foron as súas ramas, e non os meus brazos!
Interpretemos que non se trata de buscar padriños no senso material, que iso é mercantilismo. O bo padriño, o padriño xeneroso, é, sempre foi, aquel que nos bautizou, e a continuación, aqueles que nos serven de espello das virtudes.
Canto máis nos globalizamos máis oportunidades se nos presentan..., pero tamén máis perigos, máis contaxios nocivos, pois é igualmente certo que nas tempestades é máis perigoso abeirarse nas árbores ampulosas, que son as predilectas dos raios, as predilectas de Satán.
As familias atopámolas feitas, así que tardamos en poder acomodalas ao código das sete virtudes, e para iso, non sempre o logramos. O próximo é máis doado de illar..., se nos resulta molesto ou inconveniente. Máis doado, pero non sempre posible pois as circunstancias da globalización son..., variables, infinitas! A torre de Babel xa padeceu diso, e iso que daquela a globalización era incipiente.
-.-
Falando das eleccións:
Cases ben, cases mal..., casa con xente do teu igual.
Outra:
O que lonxe vai casar, tacha leva, ou a vai buscar.
¿Para que están os dicionarios, para ocupar un lugar nos estantes? Adoitamos collelos en casos de dúbidas, pero tamén serven, poden servir, de "catecismo" vital.
Casar. V. 1. desposar. 2. harmonizar, igualar. 3. acomodar, acordar, combinar, conciliar, emparellar. 4. Adaptarse, amoldarse, axeitarse, cadrar, encaixar.
¿Todo isto? E, ¿sábeno os noivos, eses que van camiño do altar? Os noivos, deles si, pero deles, non; quen o sabe ben é o Papa Francisco, e iso que está solteiro! Nun artigo divulgado por Juán Vicente Boo, aportaron isto:
Ante un congreso internacional, con participantes de vinte e tres países y catorce relixións, o Papa Francisco afirmou que, "la complementariedad hombre-mujer es la base del matrimonio y de la familia. La complementariedad es una gran riqueza. No solo algo bueno sino también hermoso".
Subrayando que la familia es escuela de convivencia y garantía frente a la fragmentación social, el Papa recordó que "los niños tienen derecho a crecer en una familia con un padre y una madre capaces de facilitar su desarrollo y maduración afectivos y..., efectivos".
En su discurso más sistemático sobre matrimonio y familia, el Papa también advirtió que esa complementariedad entre hombre y mujer "no debe confundirse con la idea simplista de que los papeles y las relaciones entre sexos están cerrados en un modelo único y estático".
Los papeles cambian según las culturas, y dependen de "la propia riqueza personal, el propio carisma personal" que cada uno aporta al matrimonio y a la educación de los hijos.
Con tristeza, el Papa reconoció que "en nuestro tiempo, el matrimonio y la familia están en crisis. Vivimos en una cultura de lo provisional, en la que cada vez más personas renuncian al matrimonio como compromiso público". Limitarse a la convivencia termina causando daños a las personas pues "el declive de la cultura del matrimonio está asociado a un aumento de la pobreza y a numerosos problemas sociales que golpean desproporcionadamente a las mujeres, los niños y los ancianos".
Según el Santo Padre, "la crisis de la familia ha dado origen a una crisis de 'ecología humana'. Y en nuestra cultura, incluso en nuestra cultura católica, somos lentos en reconocer que también nuestro medio ambiente social está en peligro. Por eso es necesario promover una nueva 'ecología humana' y llevarla adelante".
Para recuperar un ambiente más sano en los hogares y en los países es necesario, -también según el Papa-, promover una cultura de la fidelidad que, por otra parte, es lo más natural pues "el compromiso definitivo de solidaridad, fidelidad y amor fecundo responde a los deseos más profundos del corazón humano".
En este mundo globalizado hay que evitar que la publicidad, el consumismo o la ideología de género eche a perder esa realidad antropológica. El Papa también advirtió a los congresistas que "no debemos caer en la trampa de dejarnos calificar por conceptos ideológicos. La familia es un hecho antropológico. No se puede hablar de ´familia conservadora' o 'familia progresista'. ¡La familia es la familia!".
-.-
Amoríos prematuros / o tardíos?
Os amoríos prematuros, infantís, son preciosos, anxelicais, idílicos, pero..., ¡fugaces! Coas medras tamén van medrando as suspicacias, os defectos, as taras ocultas, propias ou herdadas, ¡que tamén as hai herdadas!..., e veñen, achéganse, outras rapazas/ces, ¡outras tentacións!, así que non tódolos idilios acaban no altar.
En canto aos amores tardíos, ¡que boa cousa, que gran invento, aquilo dos esculcadores, pois serviron para esculcar no pouco que quedaba sen esculcar, sen escoller!
Os esculcadores recibían, en premio, sendos pixamas de baeta colorada. ¿Si; por que? Ante todo porque era prenda íntima, que íntima fora a súa xestión, así que só llela vía a súa propia muller, ¡a propia!, e logo que o de colorada era símbolo de inocencia. ¡Por algo as mozas se pintan os beizos de colorado; para darse de virxes, aínda que non o sexan!
¿Chegará a haber cursiños matrimoniais? Igual tardan..., porque os científicos están emperrados en ir primeiro a Marte, que por algo ese deus era tido como ídolo da Guerra!
-.-Gómez Vilabella, Xosé M.