Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os espellos (3)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 19 de mayo de 2026
Os espellos (3)A máxima 'Ora et labora' na entrada do mosteiro de Rudy, en Polonia.

Debémoslle esta ¿capitanía? a San Benito de Nursia, un entusiasta do Carpinteiro de Galilea, que puxo en vigor monástico aquela profesionalidade do patriarca San Xosé.

O código laboral, a Regula Sancti Benedicti, nada menos que con 73 capítulos, foi un auténtico, completísimo, Foro do Traballo, por certo que bastante criticado pola súa "falta de austeridade" pois non se refería en ningún capítulo ao ascetismo puro senón que impoñía una serie de horas de traballo, de estudio e de lectura relixiosa, ademais da oración.

Tiña, incluso, principios democráticos xa que, á vez que daba certa autoridade patriarcal ao abade do mosteiro impoñíalle a obriga de consultar co resto da comunidade os temas máis importantes. Os espellos (3) Os discípulos de Benito encargáronse de difundir a súa Regula por toda Europa e durante séculos ata a adopción da regla de San Agustín polos premostratenses no século XII, e polos dominicos e mercedarios no século XIII, foi a única ordenanza a seguir polos distintos mosteiros que se foron fundando.

Esta consigna, este "Ora et labora", busca, recomenda, un equilibrio da xornada monástica; hoxe diríamos, máis ben, laboral. Así era, e así é, por moito que avanzase a socioloxía, pois a oración para o espírito, e o traballo para o corpo, son os pilares, e cos pilares a escaleira da vida humana, que nos levan de cara ao Ceo, onde nos espera a gloria da Resurrección.

San Benito quixo, e facilitoulles, os medios correctos, correctos e incluso prácticos, aos seus frades, aos seus seguidores, para que os puxesen, para que os puxésemos, como se di agora, ¡en valor!

Dicía Santa Teresa, aquela de Ávila, aquela mártir en potencia, ¡outra traballadora!, que a Deus tamén o temos "entre los pucheros", concordando con San Benito en que "a ociosidade leva á soberbia, e coa soberbia pasámonos ás hostes de Satán". O propio Cristo santificou a laboriosidade colaborando no fogar durante a súa vida privada.
¿Oración mental ou vocal? A omnipresencia de Deus permítenos comunicarlle as nosas pregarias, os nosos agradecementos, en todo tempo, forma e lugar; iso si, por un respecto á súa Divindade fagámolo co debido acatamento, con toda devoción, é mellor, máis pío, se nos damos un recollemento, unha referencia ou subordinación, pois o Altísimo é..., iso..., ¡Altísimo!

Deus subliñou a colectividade. En Mateo 18, 19-20: Oración en común. - "Asegúrovos tamén que se dous de vós se poñen de acordo na terra para pedir calquera cousa, conseguirano de meu Pai Celestial. Porque onde están dous ou tres reunidos no meu nome, alí no medio estou eu". ¿Que nos estaba inculcando? ¡Que nos fixásemos na nosa obriga apostólica, colectiva, expansiva, do catolicismo!
-.-
Transcendencia da exemplaridade

A muller do César non só debe ser honrada, senón, e tamén, parecelo. Mulier Caesaris non fit suspecta etiam suspicione vacare debet.

¡Hai leccións dos pensadores romanos que seguen sendo exemplares! Na nosa civilización, neste XXI, imos algo acelerados, con febres mecanicistas, ególatras, que nos impiden abrir o paraugas da ética. ¡Pois a ética é unha vacina para moitas enfermidades, incluídas as do corpo!

Ben nolo dixo o Mestre, que a exemplaridade tamén é un Mandamento. Para abreviar, en Mateo 13, 41, referíndose aos sementadores do xoio: "Achegáronselle os seus discípulos e pedíronlle: -Explícanos a parábola do xoio. El respondeu: -O que sementa a boa semente é o Fillo do Home; a leira é o mundo; a boa semente son os fillos do Reino; o xoio son os fillos do Malo. O inimigo que a sementa é o Satán; a sega é a fin do mundo e os segadores son os anxos. E así como se entrecolle o xoio e se bota no lume, así pasará na fin do mundo. Mandará o Fillo do Home os seus anxos, e quitarán do seu Reino tódolos escándalos e a tódolos que fan o mal; e botaranos no forno do lume, onde será o pranto e o renxer dos dentes. Entón, os xustos resplandecerán coma o sol no Reino de seu Pai. Quen teña oídos que escoite". ¡Oídos temos todos, con ou sen audífonos, pero o acerto está en controlar debidamente o "libre albedrío".

Non só o temos como obriga relixiosa senón, a todo nivel, nas análises sociais actuais, que ben o recollen, explican e recomendan, pensadores / periodistas do nivel do noso paisano Eduardo Vázquez Martul: "El gran problema que atenaza a este sufrido país y a sus ciudadanos no se trata tanto de una confrontación entre derechas e izquierdas, sino de la persistencia de grandes desviaciones más allá de las ideologías y que tienen que ver con algo tan importante como es la ética y la ejemplaridad".
-.-

Avante, toda!
Que temos que saír desta embrolla...,
para enfrontarnos á seguinte!
Piloto da túa propia vida,
non te pares nos obstáculos:
aprende a conducir,
e guía esa máquina,
esa que tes, de Deus recibida.
Cavila na dirección elixida,
e despois,
coas potencias da alma en acción,
avante,
avante toda,
a toda presa,
pois as ocasións pasan,
e as olas ceden,
cando se pisan.
Pero Deus lévanos da súa man,
e non nos deixa caer na tentación,
na vacilación,
se de veras llo pedimos!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES