Promoción Turística
Fernández, Suso - jueves, 26 de noviembre de 2009
O intento, nunca logrado, de traballar solidariamente os concellos mariñáns, a prol da promoción turística, é cuestión que ven de vello. O día 23 de novembro de 1968, no Pleno municipal de Foz dábase conta do escrito que presentaba o concello de O Vicedo,
no nome dos alcaldes do litoral, interesando a constitución dun órgano para o fomento do turismo que o formarian: Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo.
Os edís focegos, por unanimidade, aceptaron a proposta e a constitución, por tanto, do que se chamaría Mancomunidad Turística de la Costa Lucense e designaron representante na mesma ó alcalde, Pepe Beltrán, que logo sería elexido o seu presidente.Por aquelas datas, tan lonxanas no tempo, este cronista ccompría funcións de correspondente de prensa, o que lle permitía asistir ás reunións que o devandito organismo celebraba na vella biblioteca municipal focense.Pasaron moitos anos e pérdese a memoria dos feitos, pero aínda así lembramos cómo era imposible lograr que ás xuntanzas asistisen a totalidade dos seus membros -igual que agora- cómo maiormente carecían de ideas ou cómo a cada intre afloraban as actitudes localistas e irracionais, en contraposición co talante aberto, honesto, obxetivo, tolerante e solidario que son premisas indispensables para que accións deste tipo fructifiquen en realidades tanxibles, favorables ó conxunto dos pobos que a forman
e nesas estamos.¡ nada hai novo baixo o sol!.Hai que decir, sen embargo, que, a diferencia de hoxe, os concellos vivían unha auténtica penuria económica, con presupostos irrisorios, carentes de ingresos, o que moitas veces frustraba os as posibilidades de materializar o proxecto mais modesto e que tampouco os gobernantes -alcaldes, concelleiros e demais- percibían as xenerosas retribucións actuais, xustifcadas cos eufemismos de dedicación exclusiva ou parcial, asistencia a comisións, dietas e demais, aínda que, a cotío e sen rubor, falen de altruísmo, de entrega ó ben común, de transparencia, de amor ó pobo, e de tanta demagoxia incorporada nestes tempos á demagoxia dialéctica dos políticos
Por aquel entón (hai mais de corenta anos) estaban de moda os slogans (daquéla xurdira o exitoso Foz, Costa Nova) que, con marchamo publicitario, dalgún xeito definían as distintas zonas: Costa del Sol, Costa Dorada, Costa Brava
A nosa sería, en adiante, La Costa de las Mil Playas. A acción divulgativa foi tan escasa que apenas chegou a coñecerse, de igoal xeito que hoxendía ocorre con Máxica por Natureza, perfecta descoñecida.
Pois ben, despois do tempo transcurrido estamos na mesma situación: nen a evolución económica, social e cultural, nen os indudables avances técnicos e informáticos nen, no eido político, a chegada da democracia (ben chunga, eso sí) lograron mudar os comportamentos individualistas e anacrónicos inoperantes que levamos tantos anos padecendo. Diríase que os políticos que rexen os concellos sofren un evidente e crónico anquilosamento mental que lles impide acadar o ritmo da sociedade actual, cuia dinámica nada ten que ver coa dos vellos tempos que eles adoptan como guía e modelo.
Durante o ano nada se fai pola promoción turística da Mariña, pero, eso sí, van todos a Fitur, en longa riola, como dí Curros que os rapaces seguían ó gaiteiro. Non se sabe a qué van, ou sábese; pero o que sí é seguro que gástanse, sen xeito, moitos miles de euros que, aproveitados sensatamente, cada dous ou tres anos daban para levar a cabo unha boa campaña de promoción e divulgación dos atractivos turísticos da comarca que segue sendo,¡qué remedio!, a gran descoñecida. Lemos nos xornáis que a Mancomunidade (que se renovou, se dí) centra esfuerzos en la elaboración de un plan turístico Ogallá o logren e se faga realidade: a experiencia acumulada fainos ser excépticos. De algo sí estamos seguros: irán todos, en longa riola, a Fitur (¿quén fala de crise?). Verán qué guapos sairán nos xornáis
da Mariña.

Fernández, Suso